InicioCULTURAGalicia celebra o Día dos Medios en Galego lembrando o nacemento da...

Galicia celebra o Día dos Medios en Galego lembrando o nacemento da primeira publicación en galego

Publicada o

Por editor

Un 7 de febreiro de 1876, Valentín Lamas Carbajal editaba en Ourense O Tío Marcos da Portela. Pode que sexa a primeira publicación monolingüe en galego, e de aí que a Asociación de Medios en Galego decidise instaurar o Día dos Medios en Galego o 7 de febreiro. Unha data aprobada no Parlamento Galego con unanimidade de todos os partidos.

Hoxe mesmo, venres 7 de febreiro, a AMEGA celebra a data cun concerto no Playa Club da Coruña, baixo o lema “A Lingua que nos une”.

Toda a información sobre AMEGA en mediosengalego.gal, e as entradas (7€) para o concerto están á venda en entradium.com.

100 medidas para o galego

Outra das iniciativas que pon en marcha este ano AMEGA co motivo da celebración do Día dos Medios en Galego é a elaboración de 100 medidas para mellorar a situación do galego. A partir do 7 de febreiro estará habilitada a páxina web medidas.gal, a través da que se convidará á cidadanía a facer as súas aportacións.

Co gallo da celebración deste ano do Día dos Medios en Galego, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere expresar a súa preocupación polos datos recentes sobre o uso do galego e reclama medidas valentes de normalización para garantir que os medios cumpran co papel que lles corresponde no mantemento desta lingua, así como unha aposta polo xornalismo de proximidade.

Para a entidade resulta “inevitábel facer referencia aos datos publicados recentemente polo Instituto Galego de Estatística sobre o uso da lingua”, na que se refrenda que por primeira vez na historia “o galego xa non é a lingua predominante en Galicia e o seu coñecemento e comprensión está claramente a recuar”.

O Colexio de Xornalistas lembra o “papel fundamental” dos medios

Perante estes datos, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembra que “o xornalismo en galego ten tamén un papel fundamental para a supervivencia da lingua“.

De feito, as devanditas cifras vólvense aínda máis preocupantes cando ollamos o consumo de medios: o 55,38% da poboación só le prensa en castelán, o 43,74% só escoita a radio en castelán e o 34,41% só ve a televisión en castelán.
Se sumamos os datos daquelas persoas que din consumir os medios máis en castelán que en galego, as porcentaxes soben até o 95,46%, 84,87% e 81,42%, respectivamente.

“Estes datos, con todo, non poden sorprendernos nun ecosistema mediático que, contra a realidade histórica de Galicia, tense desenvolvido de maneira moi maioritaria en castelán”, recoñece a entidade. “Para que os medios de comunicación galegos se parezan máis lingüisticamente á sociedade que queren reflectir, son necesarias políticas valentes que regulen dunha maneira efectiva as axudas, e mesmo a concesión de publicidade institucional, para potenciar que o xornalismo en galego sexa unha realidade e non só unha anécdota entre as páxinas e minutos de información en castelán”.

Lembran ademais que “o desenvolvemento da información en galego está tamén ligado á información de proximidade, un tipo esencial de xornalismo que periga ante os recortes e as distintas crises no sector da comunicación”. “A identificación que boa parte da sociedade galega fai da lingua coa súa contorna máis próxima facilita que a información local sexa non só un espazo máis propicio senón até favorecedor para o uso do galego”. Por iso, piden “potenciar os medios locais, as delegacións e o emprego de xornalistas nas cidades e vilas é tamén unha maneira de loitar polo mantemento da lingua”.

AMEGA

A Asociación está formada por unha corentena de medios, entre os que estamos o Xornal da Coruña, os curmáns Xornal de Bueu, Xornal da Baruña, Lugo Xornal, e os membros fundadores Quepasanacosta e Galicia Confidencial. Ademais, tamén está formada por outros medios xeneralistas como as emisoras municipais, Nós Diario, Nós TV, ou por medios específicos como a Revista Pincha, Mazarelos, Tempos Novos…

Pero a entidade sempre quere promover a existencia de máis de 140 medios en galego, que espallan a nosa lingua a través da comunicación.

Máis novas

AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego cun concerto na Coruña de Leria e a Banda da Loba

De Ninghures e Fillas de Cassandra trouxeron a festa dos medios en galego á Coruña

ÚLTIMAS

Mariscadores do Burgo piden a Xunta e Goberno axudas mentres non poidan faenar: “Non temos resposta”

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este luns unha nova concentración ante...

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

O sábado 15 de marzo celebrouse na Coruña a gala de entrega dos VIII...

Avanza as obras para a remodelación dos Cantóns

Este pasado mércores comezaron as actuacións preliminares ao comezo das obras de remodelación dos...

Arrincan as obras de humanización da rolda peonil da rúa Sagrada Familia

Hoxe luns, día 17, arrincarán as obras correspondentes á primeira fase da humanización da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here