InicioBARRIOSA Asociación Oza, Gaiteira, Os Castros proxecta no Forum o documental “Justicia...

A Asociación Oza, Gaiteira, Os Castros proxecta no Forum o documental “Justicia para Diego”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asociación Oza, Gaiteira, Os Castros, prepara dúas citas para as vindeiras semanas que se desenvolverán no Fórum.

exposicion M Douteiro

Este sábado 15 de febreiro, en colaboración coa AC Alexandre Bóveda, inauguran ás 12:00h a exposición “Vente Vindo e ven cantando”, con fotos de M. D’Outeiro. Unha mostra, que estará accesible ata o 28 de febreiro, que trata de achegarnos “á inmensidade do patrimonio inmaterial do canto tradicional”.

Estas fotografías veñen a confirmar, dalgunha maneira, o xeito e a forma que temos de expresar os sentimentos, de ollar, relacionarnos ante os demais, para recoñecérmonos como comunidade.

Contarán para esta inauguración coa música de violín de Tonecho Castelos e do arpista Xosé Álvarez.

Documental

Ademais, o 10 de marzo, ás 19:00h, proxectará, con entrada de balde, o documental da RTVE “Justicia para Diego”, que relata a historia de Diego Bello, o coruñés asasinado en Filipinas

Suspendida e sen asignación de nova data a vista polo asasinato do coruñés Diego Bello en Filipinas

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here