InicioBARRIOSAxenda do Martes de Choqueiros e do Enterro da Sardiña

Axenda do Martes de Choqueiros e do Enterro da Sardiña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Martes de Antroido e o Enterro da Sardiña pecharán este martes 4 e mércores 5 a programación municipal do Antroido coruñés.

O Campo da Leña e na Rúa da Torre, acollerán os tradicionais concursos de disfraces e choqueiros e choqueiras, tanto na modalidade infantil como para adultos.
Nestes concursos, como sempre, as persoas interesadas poderán inscribirse de maneira presencial o propio martes. Haberá, ademais, unha actuación musical de Broken Peach ás 21.00 horas para pechar a xornada na rúa da Torre.
Ademais, haberá unha xornada de portas abertas nos Museos Científicos, que require dunha reserva previa tanto para o Aquarium como para as sesións programadas no Planetario da Casa das Ciencias. O acceso á Domus e á Casa das Ciencias será libre, sen reserva.

Tamén o martes de Antroido ‘A Paca’ será protagonista coa colocación da súa placa de choqueira do ano na rúa de San Xosé, nun acto que se celebrará ás 13.30 horas. Como todos os anos, o Antroido coruñés renderá homenaxe ás súas figuras máis importantes, como Cantero, Canzobre ou Palau.

Tráfico

As alteracións e cortes de tráfico nas rúas lindeiras comezarán a partir das 15.30 horas. Afectarán á rúa da Torre (cortada desde a avenida de Hércules ata a praza de España), Miguel Servet, San Vicente de Paul, Curros Enríquez (en dirección á rúa da Torre desde a sede da Cruz Vermella), Marconi, Travesía da Torre, San Xosé, San Xoán, Panadeiras (acceso desde a praza de España) e Baltasar Pardal Vidal. O dispositivo especial de Tráfico finalizará ás 00.00 horas, á conclusión dos festexos.

Programa Martes 4

  • Todo o día – Museos Científicos Coruñeses – Xornada de portas abertas
  • 12.00 horas – Rúa Arenal – Ofrenda a Fernando Cantero.
  • 12.20 a 14.30 horas – Campo da Leña – Programa especial de Antroido de Radio Coruña.
  • 12.30 horas – Praza do Parque – Ofrenda a Canzobre.
  • 13.30 horas – Rúa San Xosé – Homenaxe a La Paca como choqueira do ano 2025.
  • 14.00 horas – Praza de Iglesias Mato – Ofrenda a Palau.
  • 17.00 horas – Campo da Leña – Concurso infantil e familiar de disfraces e choqueiros.
  • 20.00 horas – Rúa da Torre – Concurso de choqueiros e choqueiras.
  • 21.00 horas – Rúa da Torre – Actuación de Broken Peach.
  • 22.00 horas – Circo de Artesáns – Proxección do documental ‘Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto’, de Omar Rabuñal.
  • 23.15 horas – Circo de Artesáns – Velorio da Sardiña

Enterro da Sardiña

O mércores 5 de marzo co desfile do Enterro da Sardiña partirá do Circo de Artesáns e chegará á praia de San Amaro.

  • 19.00 horas – Circo de Artesáns – Interpretación do Apropósito de 2025: ‘Una broma pesada’.
  • 20.30 horas – Circo de Artesáns – Desfile do enterro da Sardiña ata a praia de San Amaro e Desentronización do Deus Momo.

Máis novas do Antroido

Os Maracos xa teñen a súa lousa no Andar do Antroido da rúa da Torre

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

‘A Paca’, choqueira do Antroido da Coruña do 2025

Dicionario Antroideiro (I): Momento Coruñento

 

Dicionario antroideiro coruñés (II) A chistera marabillosa do señor Canzobre

ÚLTIMAS

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

O sábado 15 de marzo celebrouse na Coruña a gala de entrega dos VIII...

A Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca financiamento

“A Coruña Pública” é un ambicioso proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na...

Aseguran que o Mercado de Monte Alto estará operativo a final de ano

Debería ter estado rematado en xaneiro deste 2025, pero o Mercado de Monte Alto...

Investigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas co “timo do sicario”

A Garda Civil, no marco da 'Operación Mamol Tenerife', detivo e investigou a 19 persoas,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here