InicioMOV. SOCIAISAs Veterinarias volveron concentrarse na Delegación do Goberno pola liberdade de suscrición

As Veterinarias volveron concentrarse na Delegación do Goberno pola liberdade de suscrición

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Non se cuestiona o meu criterio”. Con cánticos coma este, o colectivo Veterinario de Galicia volvía concentrarse este mércores 26 de marzo contra a aplicación do Real Decreto 666/2023. Un decreto que obriga ás Clínicas Veterinarias a seguir uns procedementos moi pechados á hora de receitar, o que coarta a súa liberdade de prescripción.

Despois multitudinaria manifestación do 23 de febreiro, e da concentraciónd o 5 de marzo, o sector secundaba unha nova mobilización a nivel estatal concentrándose ás portas da Delegación do Goberno.

Coa pancarta da EVGal (Empresas Veterinarias de Galicia” que pide que “nos deixen traballar”, e baixo o lema “Saúde animal sen barreiras”, piden que non se aplique este decreto, que ademais provoca máis burocracia, que poderá poñer multas abusivas aos obxectores. O colectivo pide que o que si se rebaixe sexa o IVA do 21%.

Folleto informativo das Clinicas Veterinarias contra real decreto 666

Máis novas

As Veterinarias volven concentrarse contra o Real Decreto 666

Multitudinaria manifestación na Coruña contra a nova lei do medicamento veterinario

Selva, a primeira vítima do Real Decreto polo que as Veterinarias saen á rúa

 

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here