InicioARTEIXOOs maiores de Arteixo mobilizáronse pola situación de urxencia dos SAF

Os maiores de Arteixo mobilizáronse pola situación de urxencia dos SAF

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

É o Servizo de Axuda a Domicilio un dos grandes problemas cos que se afrontan as administracións municipais. Un servizo básico, necesario, que permite ás persoas maiores dependentes poder ficar na súa casa, pero que cada vez funciona peor porque a Xunta non asume toda a súa responsabilidade, e provoca un gasto altísimo para os Concellos, que se ven obrigados, en moitos casos, a prorrogar os contratos coas empresas concesionarias, o que acaba perxudicando ás traballadoras, ao servizo e polo tanto ás familias usuarias.

Así o entenden pensionistas e xubiladas da CIG de concellos como Arteixo, Narón, Teo, Monforte, O Carballiño, Vilagarcía e Ponteareas, que onte saíron á rúa para reclamar a xestión pública directa do Servizo de Axuda no Fogar por parte da Xunta.

O Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG vén denunciando desde hai tempo as graves carencias existentes en dependencia e atención a persoas maiores. Ademais de carencias como o tempo de espera de máis de un ano desde a solicitude de dependencia até que se ten a resolución da prestación, a situación máis grave é a dos SAF.

Dende a CIG, entenden que o Servizo de Axuda no Fogar “é un servizo cuxa competencia a Xunta fíxoa recaer nos concellos e cun financiamento insuficiente. De aí que haxa múltiples modelos de xestión, a maior parte deles en mans privadas, que supoñen grandes problemas na prestación da atención”, explican.
Denuncian que os SAF, na actualidade, contan con persoal insuficiente, o que fai que haxa unha importante sobrecarga que “redunda negativamente nas persoas usuarias, que ven mermada a atención que se lles presta, e nas traballadoras (na súa inmensa maioría mulleres), que soportan o peso de asumir moitas tarefas en pouco tempo”, advirten.

Sinalan que, ademais, este persoal non está xustamente retribuído, nin coas condicións laborais adecuadas, dado o traballo que fan. “Trátase de administrar coidados, unha tarefa xa de por si pouco valorizada, pero que supón unha enorme responsabilidade, importantes esforzos físicos e emocionais e mesmo grandes riscos para a saúde. E todo isto non se ve compensado, dado que teñen un salario dos máis baixos do mercado laboral”.

Deste xeito, exixen a posta en marcha dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas, que xestione todos os recursos públicos, incluíndo o Servizo de Axuda no Fogar. Consideran, ademais, que este Servizo debe ser xestionado directamente pola Xunta, que non pode derivar esa competencia aos concellos, que xa de por si teñen grandes dificultades para poder prestar esta atención adecuadamente, e aos que se traslada esta prestación sen un financiamento adecuado.

 

 

ÚLTIMAS

A Audiencia ratifica catro anos de cárcere para o autor da morte con un cinceiro en Oleiros

A Audiencia Provincial da Coruña ratificou a condena de catro anos de prisión por...

O transporte da Coruña para de novo ante a mediación clave do luns

O transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexistrou este venres unha...

Meu volve pasalo ben

Grandes novas neste 2026 para a escea musical coruñesa. Volve Meu (@meutheband. Aquela banda...

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

Continúa a incerteza arredor dos cursos Culturais do Programa de Lecer do Fórum e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here