InicioSOCIEDADEDenuncian que o COF de Orillamar non pode nin atender o teléfono...

Denuncian que o COF de Orillamar non pode nin atender o teléfono por falta de persoal

Publicada o

Por editor

Continúan os problemas no Centro de Orientación Familiar de Orillamar. Un servizo sanitario dependente do Concello que leva sufrindo a falta de atención por parte das administracións

Desta volta, as traballadoras veñen de poñer un cartel na porta recoñecendo que non poden atender o “teléfono de citas até novo aviso” por “falta de persoal administrativo”.

O asunto xa ten pasado polo pleno a través da concelleira do BNG Mercedes Queixas, que denuncia que critica que “o Goberno Local continúa sen dotar o COF de Orillamar de dúas prazas, unha de persoal administrativo e outra de psicoloxía, das que si dispuxo en anos anteriores”.

“É unha vergoña que pola falta de persoal non se estean a tramitar citas, o que está pasando é un insulto aos dereitos das mulleres”, afirma Queixas.

Para Queixas, a razón desta desatención radica “na falta de diálogo responsábel” entre o Goberno Local e a Xunta, a outra administración con competencias neste centro, até o punto de a propia Valedora do Pobo ten instado a ambos executivos, coruñés e galego, a que se coordinen para garantir os dereitos das mulleres.

 

Máis novas

O COF de Orillamar deixa de prestar atención programada pola falta de persoal administrativo

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

ÚLTIMAS

Cambios na UDC con nova estrutura, novo equipo e a creación dunha Vicerreitoría de IA

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, asinou este luns os novos...

E a paz social chegou a Riazor cun minuto máxico

Incrible o vivido no minuto 12 en Riazor este domingo no transcurso do partido...

A Coruña abre a preinscrición para máis de 5.100 prazas nos centros cívicos municipais

O Concello da Coruña abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de preinscrición...

A solución final

- (Apropósito) -  Ta ta ta ta ta ta yayayaya Echemos abajo la estacion del tren Echemos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here