InicioCULTURAO rock galego homenaxea a Tito Calviño o próximo sábado 26 de...

O rock galego homenaxea a Tito Calviño o próximo sábado 26 de abril en Portas Ártabra

Publicada o

Por editor

Este sábado día 26 de abril ás 19:30h, músicos como Manuel Silveira (fundador de Zënzar e 12 Labirinto), Xosé Bocixa (vocalista de Zënzar), Gonzalo Grela (actual membro da banda Broa), Antón Díaz (baixista dos Papaqueixos),  Xurxo Souto e Laura Romero (baixista de Zënzar e autora do libro A culpa foi de Zënzar) faranlle homenaxe a histórico músico Tito Calviño. Será no espazo Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22, A Coruña), onde non faltará o seu fillo, de mesmo nome e profesión.

A proposta nace a carón do libro A culpa foi de Zënzar, unha obra que recolle os máis de 35 anos de historia da banda de Cerceda e que festexa a cifra cun libro ilustrado da man da súa baixista, a ilustradora ordense Laura Romero.

Ao longo das súas 346 páxinas e cun estilo propio e fanzineiro, a publicación mestura narración con moita conversa (na que participou medio centenar de persoas), ilustracións e documentos gráficos como fotografías, entradas e carteis, sendo un libro clave para entender o papel que xogou Cerceda (e concellos lindeiros coma Ordes ou Carral e ata A Coruña e Compostela) na historia do rock e punk galegos.

Que mellor que celebralo cunha presentación homenaxe dirixida por Xusto Souto.

A culpa foi de Zënzar cuberta
Cuberta do libro

 

ÚLTIMAS

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Levamos estas semanas falando dos cimentos da nosa sociedade, desas infraestruturas máis básicas do...

Inés Rey dubida da palabra da Xunta sobre Medicina e acusa ao Goberno galego de “arcaico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, expresou as súas dúbidas sobre a “palabra” da...

As entidades e as administracións tecen redes na I Feira da Saúde

O Centro Ágora acolleu este sábado a I Feira Saúde e Sociedade. Trátase dunha...

Así será a pista multideporte de Monte Alto

A semana pasada o Concello licitaba a pista multideporte de Monte Alto. Unha pista...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here