InicioBARRIOSNovo pasiño para o Centro de Santa Lucía

Novo pasiño para o Centro de Santa Lucía

Publicada o

Por editor

Trala aprobación da Xunta, o Concello da Coruña informou hoxe da aprobación do proxecto definitivo de construción do centro de saúde de Santa Lucía, unha demanda histórica do barrio da Falperra que leva décadas de retrasos. Tras ser rescatado do caixón do abandono en abril de 2023, tiveron pasar outros dous anos para aprobar este novo paso previo aínda á licitación.

Foi un dos asuntos máis destacados da orde do día na sesión ordinaria da Xunta de Goberno.

O convenio remitido á Xunta estipula, entre outros aspectos, que o Concello asume o compromiso de executar as obras (se ben a Xunta asumirá o custe do Centro de Saúde) e, unha vez que rematen, cederlle por 30 anos á Xunta a parte do edificio que acollerá o centro de saúde. Esta cláusula será prorrogable por outros 30 anos.

A distribución do edificio: Mercado, Centro de Saúde e Centro Cívico

O mercado de abastos estará no soto.

Entre o primeiro e o segundo andar do edificio, estarán as instalacións do centro de saúde, que ocupará algo máis da metade do novo edificio en termos de superficies de uso, un 54%. O centro de saúde de Santa Lucía acollerá diversos espazos destinados á área médica —cunha sala de toma de mostras, outra polivalente, unha consulta de urxencias e outras de medicina e enfermaría xeral—, área pediátrica —con consultas de pediatría—, área da muller —con consultas de matrona, aseos e cambiadores— , así como estancias habilitadas para acoller as áreas de  administración, arquivo, persoal e usos comúns.

Os espazos reservados para o Centro Cívico de Santa Lucía situaranse nas alturas superiores do inmoble e abranguen unha nova sala polivalente, un auditorio, unha sala de reunións, un espazo para a xestión de libros, almacéns e aseos.

 

Máis novas

Conformidade da Xunta ao proxecto do novo centro de saúde de Santa Lucía

Seleccionado o estudo que dirixirá a obra do centro de Santa Lucía na Coruña de entre 14 obras presentadas

Olladas doutro tempo: Santa Lucía

ÚLTIMAS

Inés Rey comeza a negociar os orzamentos do 2027 co BNG, que denuncia “incumprimento” nos deste ano

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, emprazou a negociar o orzamento de...

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

As familias das Escolas Infantís Municipais da Coruña concentraranse este sábado 26 de setembro...

“Por todas as Maricarmen” e “Fondos voitre fóra de aquí”

Centos de persoas acodían esta pasada tarde de xoves á subdelegación do goberno para...

FAVA denuncia os problemas do transporte metropolitano dependente da Xunta 

Son moitas as queixas sobre o transporte metropolitano, o transporte público que xestiona a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here