InicioECONOMÍACalifican o proceso participativo do Foro Coruña Marítima como “un fraude”

Califican o proceso participativo do Foro Coruña Marítima como “un fraude”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este venres ás 9:30h, no Espacio Avenida de Abanca no Cantón Grande da Coruña. Este é o lugar escollido pola Autoridade Portuaria para expor as conclusións do proceso participativo arredor do proxecto Coruña Marítima. Un lugar alleo á sociedade herculina, que parece demostrar que este proceso non é máis que un lavado de imaxe.

Así o entende a plataforma Defensa do Común, que lamenta que, despois dos encontros desenvoltos en espazos pouco accesibles para a sociedade civil, e que viviron unha participación pobre pero insistente, como demostra as continuas peticións para redactar unhas novas bases, non estea previsto o debate sobre as distintas alegacións ou propostas presentadas pola cidadanía e entidades representativas.

O programa do acto recolle un reparto do protagonismo entre PP e PSOE desde a inauguración ata a clausura con intervencións de dirixentes ou representantes dos dous partidos en distintas administracións. Por parte do PP: Martín Fernández Prado (presidente da Autoridade Portuaria da Coruña), Belén do Campo (delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña) e Teófila Martínez (exalcaldesa de Cádiz polo PP e presidenta da Autoridade Portuaria da Baía de Cádiz). E por parte do PSOE: Pilar Parra (directora corporativa de Portos do Estado) e José Mnuel Lage (concelleiro de Planificación Estratéxica do concello da Coruña).

Neste Foro van informar das “conclusións do proceso participativo”, pero sen que apareza no programa un tempo para intervencións das persoas asistentes.

”Lamentamos que non se tivese en conta a alegación conxunta presentada por 42 entidades da comarca da Coruña, que no seu punto 9 solicitaba: “Asegurar a imprescindible participación pública e cidadá en todas as fases definidoras do novo escenario do porto interior. Creación dunha plataforma ou foro de participación estable sobre o litoral, aberto a entidades representativas”.

Dende a Plataforma recoñecen que tampouco ven “vontade política para “Someter a consulta popular (artigo 71 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local) a proposta definitiva sobre a ordenación e xestión do ámbito do porto interior”, como sinalaba o punto 10 da citada alegación conxunta.

Polo que a conclusión é crúa: “Este novo Foro é un auténtico fraude que non ten outro obxectivo que lexitimar un concurso internacional sobre o futuro do porto interior da Coruña e unhas bases previamente pactada entre seis administracións controladas por PSOE e PP”, critican dende a Plataforma.

Aprobouse o convenio interadministrativo de Coruña Marítima

Paralelamente, a Xunta de Goberno Local aprobou este mércores o convenio interadministrativo que establece as partidas económicas coas que o Concello, Puertos del Estado, a Autoridade Portuaria, o ADIF e a Xunta abren camiño á licitación do máster-plan que axudará a deseñar o plan de transformación dos espazos do porto interior da Coruña.
O orzamento deste convenio a cinco é de 3,3 millóns, dos que o Concello achegará máis de medio millón de euros entre o vindeiro ano e o 2027.

Máis novas

A Autoridade Portuaria exporá as conclusións do proceso participativo do Coruña Marítima este venres ás 9:30h

Piden crear un novo e consensuado documento que sirva de Bases para o plan Coruña Marítima

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

ÚLTIMAS

Noites do Porto celebrará un concerto sorpresa no peirado na noite de San Xoán

Segue avanzando a programación do festival Noites do Porto. O festival que mellor coida...

BNG e PP urxen ao goberno local da Coruña explicacións e medidas polo remanente negativo en 2025

A filtración dun informe do Interventor sobre a Liquidación de 2025 do Concello da...

Xa hai cinco finalistas para deseñar a fachada marítima a pesar das continuas críticas ás bases

O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación...

A Xunta volve lavar as mans e pon sobre o tellado do Concello a conservación dos murais de Lugrís da rúa Olmos

É especialista a Xunta en descargar problemas na administración local. Cando falamos do “Conxunto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here