InicioA CORUÑAO "evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación...

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Celebrouse esta mañá de venres 9 de maio, ás 9:30h no Espazo Avenida de Abanca nos Cantóns, a clausura do mal chamado proceso participativo do ‘Coruña Marítima’. Porque nin houbo participación real nos 5 encontros formulados no Palexco (o día de maior aflluencia pública foi de 20 apenas cidadáns), nin o proceso de participación online foi suficientemente publicitado (apenas houbo 150 persoas que traslaron achegas), nin nesta xornada de clausura se permitiu a participación das entidades veciñais.

Xa, esta semana, varias entidades calificaban de “fraude” o proceso participativo na formulación das bases estratéxicas deste trascendental proxecto para a cidade. Pero o de hoxe, nunha cita que a propia Comisión califica de “evento cidadán”, xa foi unha burla ao significado de “participación cidadá”.

O anuncio da xornada lanzado pola Autoridade Portuaria e a Comisión Coruña Marítima deixaba clara que a entrada era libre, pero ao chegar ás portas do edificio membros de entidades como Defensa do Común, Atochas-Monte Alto, Agra do Orzán ou Ergosfera, atopáronse con que lles vetaron a entrada.

Coa excusa de que non había espazo (escolleron un auditorio onde practicamente cabían só os invitados), a organización impediu a presenza deste grupo de cidadáns comprometidos, que quedaron ás portas do edificio protestando coa súa pancarta para esixir que a definición da renovación do porto se faga través dun foro de participación estable e aberto, un proceso de participación real.

Representantes de entidades sociais da Coruna vetadas no Foro Coruna Maritima
Representantes de entidades veciñais da cidade foron vetadas no Foro Coruña Marítima

“É lamentable todo este proceso”, critica Ricardo Vales, de Defensa do Común. “Non podemos saber se aceptaron ou non as alegacións que tanto preparamos”. ”É das cousas máis tolas que vin na miña vida”, critica Iago Carro, de Ergosfera, ao verse vetado a un acto público no que “están fardando de proceso participativo. Paréceme indignante que despois nos riamos do trumpismo…”

Mentres, á Comisión éncheselle a boca falando de partipación, sinalando que houbo preto de 38.000 persoas que visualizaron de forma activa a información sobre o proxecto, e que máis de 150 persoas trasladaron preto de 700 suxestións, chegando a considerar que “a sociedade referendou en máis do 95% os Acordos Estratéxicos do proxecto”.

”Colaboración”

CORUNA_MARITIMA Fundacion Abanca
Así o chamado “encontro cidadán” do Foro Coruña Marítima

Xa dentro do auditorio, os membros do PP e PSOE e do resto de administracións implicadas (interviron Inés Rey, alcaldesa da Coruña; Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes; María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, e Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña) apelaron á “colaboración” institucional para desenvolver o proxecto.

A Sinatura dos Acordos estratéxicos

Reunión politica de Coruña Marítima
Reunión de políticos e institucións para asinar os Acordos Estratéxicos

Antes do evento, os tres grupos políticos e as seis institucións representadas na Comisión Coruña Marítima (Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, Portos do Estado, ADIF e Autoridade Portuaria da Coruña), asinaron os “Novos Acordos Estratéxicos (9 de maio de 2025)”, aprobado cos votos a favor de PP e PSOE e coa abstención do BNG.

Un documento que formulas as bases polas que se rexirá o Master Plan (que será licitado), baseado en 14 Acordos Estratéxicos, divididos en cinco bloques: ámbito portuario, mobilidade, ámbito cidadán, ámbito ambiental e ámbito económico.

O documento segue recollendo a dotación de usos residenciais na zona de San Diego, onde tamén irían outros equipamentos culturais, sanitarios, deportivos ou sociais, incluído un “multiusos cuberto de gran capacidade”.
Ademais, o documento recoñece que os desenvolvementos dos portos de Batería e Calvo Sotelo, liberados de atuoridade portuaria, se realicen a través de “modelo concesional”.

Por outra banda, sinala a importancia de manter a mobilidade ferrviaria, pero asumen o traslado total do uso pesquero industrial á zona de Oza-Petroleros. Tamén inclúe a integración do río de Montelos.

Con todo, o documento base non clarexa nada sobre o financiamento do proxecto, e non fai referencia á venda de solo para a construción de vivendas privadas co obxectivo de saldar a débeda da Autoridade Portuaria co estado pola construción do Porto Exterior.

Esa é precisamente a razón da abstención do BNG, ao considerar que” non se deron despexado as incógnitas sobre as vías para o financiamento do proceso de transformación da fronte marítima da cidade”. “Estes acordos continúan a incorrer en contradición e a ser ambiguos sobre a forma en que se vai financiar o deseño da nova fronte marítima. Baixo o punto de vista do Bloque, e ese é o miolo das achegas da formación nacionalista hai que dar por definitivamente superados os convenios de 2004, isto é, hai que fechar a porta a calquera operación de venda de activos, de privatización de terreos, como medio para liquidar a débeda da Autoridade Portuaria”.

Máis novas

Califican o proceso participativo do Foro Coruña Marítima como “un fraude”

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

Baixa, pero insistente, participación veciñal no primeiro taller temático sobre Coruña Marítima

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller por introducir droga para a súa filla en Teixeiro

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o día 16 a unha muller acusada de introducir na...

Mobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

Traballadores e traballadores de Abanca concentráronse este venres, unha vez máis, diante da oficina...

O PSdeG atribúe á “estratexia” do partido a substitución de Rivas por Abalde: “Son dúas persoas extremadamente válidas”

A deputada do PSdeG Silvia Longueira atribuíu á "estratexia do partido" a substitución de...

Gonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día do seu comezo: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se...

Durante o pleno de onte, ademais de tratar a mala xestión do Noroeste, o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here