InicioCULTURAUn sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Celébrase unha nova edición da
xornada de portas abertas Estudios Abertos, coa participación dun total de 39 talleres artístico da cidade.

A xornada terá un horario de 11.00 a 21.00 horas e participarán profesionais das diferentes
artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar.

O acceso para a cidadanía é gratuíto e diferentes estudios contarán con programación
complementaria e visitas guiadas abertas ao público.

Estudios Abertos Coruna 2025-Lista

Estudios Abertos Coruna 2025-Lista

Actividades paralelas

En total, haberá 14 actividades paralelas.

Carmen Soriano Pereda. Presentación da instalación Espacio en Obra, xunto coa paisaxe sonora creada polo músico Miguel Ángel Fernández.

Chelo Facal. Aparte das visitas guiadas que ofrecerán Chelo Facal e Alberto Franco de 11:30 a 15:00 e de 16:30 a 19:00, María Piensos Linares e Willy Eter farán unha performance ás 19:30.

Edgar Ortiz: Desenvolverá unha visita guiada infantil ás 11 horas. Trátase dunha visita didáctica polo proceso artístico amosando as distintas zonas, características e materiais usados do estudio.

Ese Sitio (Mónica Borrás): Obradorio ‘Crea tu monstruo’, impartido por Morato Por. Destinado á rapazada de a partir dos 3 anos, crearán un monstro de forma libre nunha tarde chea de imaxinación e creatividade. Celébrase a partir de 17:30 horas.

Espazo Salgado: As artistas María Salgado e Xosé Salgado durante a xornada no Espazo Salgado, desenvolverase unha intervención pictórica na cristaleira do local de 4,1 x 2,8 m.

Gosia Trebacz (STO LAT_ taller de arte_ laboratorio de ideas): Ademais das visitas guiadas (11:00-12:00h, 16:00-17:00h e 19:00h), a artista ofrecerá no seu estudio as actuacións musicais de César de Centi y Pedro Lamas e un recital de poesía a cargo de José Vázquez Liste e Xoán Pedreira.

Lidia Carrión: Obradoiro de técnicas mixtas de 10:00 a 12:00 horas (prazas limitadas)

Manuel Suárez: Da man de Fatfish DJ no estudio de Manuel Suárez haberá sesións de tecno e imaxes durante toda a xornada.

Mónica Coto: Obradoiro de collage e creatividade de 11.00 a 12.00 horas (inclúe o material) e concerto con María Carolina e as súas versión de Led Zeppelin ás 13:30.

Noemí Penela: Obradoiro infantil “Pintando con plantillas” impartido por Noemí Penela e Ingrid Soilán de 12:00 a 14:00 horas. Ademais, ás 17:30 as actrices Uxía Vázquez e María Polo e a cantante María Garat inspirará con “La visita de las musas”.

Nunca Choveu (Špela Trobec y Luis Rapela): Lectura de poemas do poeta Carlos Abeledo ás 13:00 horas.

O raposo púrpura (Nacho Martínez): Proxección da curtametraxe de Elis Prostotak “the Graeae” (2023)

Victoriano Fernández: Realización dunha peza pictórica entre os catro artistas que participan no estudio este ano. Elaborarase de 18:30 a 20:30 e ao finalizar poxarase entre o público asistente.

Viena’s Studio: Sofía Cabrera fará unha demostración da técnica óleo con espátula de 17h a 18:30h. Ademais a realización dunha obra colectiva: haberá dispoñible un lenzo no que todo o que visite o estudio poderá probar a facer un trazo en acrílico con espátula.

Xulia Weinberg: Clases de acuarela impartidas por Víctor

Máis novas

Xai hai data e artistas participantes para a xornada de Estudios Abertos

Descubrindo as entrañas dos nosos artistas

ÚLTIMAS

A veciñanza fai a súa análise do fallido proceso participativo de Coruña Marítima

"Por unha recuperación xusta dos terreos portuarios", é o título da charla informativa que...

Fiscalía mantén a súa petición de condena para o alcalde de Oleiros pola derriba da Casa Carniceiro

O Ministerio Público mantivo a súa petición de condena a 15 meses de prisión,...

O Concello de Oleiros analiza a posible creación de dúas liñas internas de transporte público ante a inacción da Xunta

As queixas polo servizo de autobuses que afecta á veciñanza de Oleiros son continuas...

Aproban definitivamente a licitación da redacción da plan da fachada marítima a pesar das críticas

Xa está en marcha o 'Máster Plan' do proxecto Coruña Marítima, sen dúbida, un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here