InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO1,2 millóns para actuacións na Torre de Hércules

1,2 millóns para actuacións na Torre de Hércules

Publicada o

Por editor

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá de luns varias ordes, entre elas o plan para
a mellora da Torre de Hércules e a súa contorna, gracias a un acordo de colaboración e cooperación entre o Concello e a Axencia de Turismo de Galicia, por 1.185.000 euros para desenvolver seis actuacións (cinco financiadas pola área da Xunta).

Por unha banda, levarase a cabo unha mellora da accesibilidade e distintas actuacións de reparación no espazo da área arqueolóxica da Torre de Hércules. Será unha actuación integral que mellorará os elementos estruturais metálicos, eliminará as filtracións, illará o conxunto para evitar os danos que causan as sales mariñas e mellorará a accesibilidade cunha nova rampla de acceso. Ten un orzamento de 277.000 euros.

O segundo dos proxectos será a escavación e restauración do perímetro exterior da base da torre. Será a primeira escavación que se leve a cabo nesta zona desde 1992 e suporá unha mellora da conservación do material que forma parte das estruturas medievais e evitará así a degradación do xacemento. Esta actuación terá un orzamento de 234.000 euros.

Tamén restauraranse as salas Giannini, terraza superior e Edículo. Serán pequenas actuacións destinadas a mellorar estas estancias interiores do faro para, do mesmo xeito, mellorar a experiencia xeral das persoas visitantes (43.000€).

O cuarto dos proxectos que se levarán a cabo será a reforma da iluminación ornamental da Torre, co fin de actualizar estas instalacións e mellorar a eficiencia enerxética coas últimas tecnoloxías, cun orzamento de 174.000 euros.

O quinto e último proxecto incluído no convenio suporá a restauración dos sendeiros do Espazo Natural de Interese Local da Torre de Hércules, na contorna do faro, facéndoo máis accesible, seguro e durable.
Ademais, definirase un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida aproveitando o tramo continuo que parte da glorieta e chega ata a costa, seguindo a continuación cara á dereita para pasear xunto ao mar. O orzamento será de 244.000 euros

Fóra deste convenio con Turismo de Galicia, desde o Concello licitarase este ano o proxecto de restauración de dúas das cámaras da torre, situadas na planta baixa. Son as únicas que tras a restauración de Eustaquio Giannini posúen porta de acceso desde o exterior. As portas actuais son de bronce, obra do artista galego Francisco Leiro. A actuación suporá unha restauración minuciosa da ornamentación destas cámaras e terá un custo de 211.000 euros.

Máis novas

Olladas doutro tempo: Torre de Hércules (III)

ÚLTIMAS

Os dous senegaleses que trataron de salvar a Samuel Luiz, entre os galardoados cos Premios Solidarios do ONCE

Ibrahima Diack e Magatte NDiaye, os dous senegaleses que acudiron a tratar de salvar...

Pontón acusa a Rueda de “estafa” por anunciar como protexidas “vivendas de aluguer a 1.000 euros” en Xuxán

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "estafa" que o PP na Xunta anuncie como...

O PP esixe explicacións sobre “gretas” na Mariña, que a rexedora vincula cunha zona “en obras”

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña esixiu ao goberno local explicacións...

Estudios Abertos: Descubrindo o talento dos creadores herculinos

Bonita e enriquecedora volveu ser a xornada de Estudios Abertos desenvolta este sábado na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here