InicioDEPORTESO Basquet Coruña deu un triste adeus á ACB

O Basquet Coruña deu un triste adeus á ACB

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

En apenas 3 días, o Basquet Coruña pasou da euforia doutro partido que quedará para a historia do club, a dicir adeus á categoría de ouro do baloncesto estatal. A incrible vitoria ante o Barcelona do xoves permitía que os máis optimistas se agarrasen ao último fío de esperanza, pero ese fío apenas rompeu o sábado nunha crúa derrota en Bilbao.

Foi a do xoves outra desas grandes noites que se lembrarán durante décadas. Á dramática vitoria contra o Madrid na primeira xornada con aquel épico 3+1 de Barrueta sobre a bocina, sumaremos na memoria deste ano a vitoria ante o Barcelona. O Coliseum vestíase de noite de gaña, con máis de 8.000 persoas noutra demostración do que é capaz de facer a marea laranxa: case cheo un xoves ás 20:30h co equipo practicamente descendido dende hai máis dun mes…

A afección aupou a un equipo que se foi agarrando ao partido cos triples de Barrueta (que desta volta si que entraban), o bo facer de Sillins (menudo 3+1 nos últimos minutos), a calidade de Huskic e de Taylor, que incomprensiblemente pasaba boa parte do último cuarto no banquiño. Tras poñerse con vantaxe de 17 arriba no segundo cuarto, a piques estivo o equipo de facer unha “leymada” ao máis puro estilo deportivista, pero os erros continuos dos blaugranas e a garra herculina permitiu cantar outra vitoria memorable.

Quedaban 4 xornadas, co equipo a 3 vitorias da salvación. Había que gañalo todo e esperar que fallasen varios equipos, entre eles Bilbao, que nos esperaba o sábado, xusto coincidindo co aniversario do ascenso.

Ata Bilbao desprazouse un nutrido grupo de amigos do incombustible Tsunami Naranja, pero xa sobre a pista tardou pouco en aparecer o Leyma de case toda a temporada. Dende o comezo o equipo estivo errático, cuns porcentaxes terribles que deixaron o equipo den 67 puntos o día no que te xogabas o último fío.

Diego Epifanio agradeceu o apoio da afección e recoñeceu que o equipo está vivindo un “momento moi difícil”, porque “hai un ano xusto ascendidmos e a ilusión de estar nesta liga tan extraordinaria durounos só unha tempada”. Recoñeceu tamén que “gozamos moi pouco desta tempada. Todo o mundo dicíanos sempre que hai que gozala e sufrimos moito, pero fixemos moitas cousas para tentar pelexar. Todo o que teña que vir que o club estea preparado para tomar as decisións e para que, oxalá, canto antes volva o baloncesto de elite á cidade de Coruña”.

”Esta liga mátache calquera erro, calquera situación na que non estás na máxima enerxía e mátache calquera día malo. É moi esixente. Hai veces que a experiencia nesta liga”.

Con todo, deu un sinal de esperanza: “A cidade de Coruña demostrou que quere que haxa baloncesto. Non foi a mellor situación do equipo en moitos momentos da liga e sempre pasamos os 8000 afeccionados. O club fixo moitas cousas ben nestes 30 anos e agora o que hai que facer é tomar as mellores decisións para que a xente siga crendo neste proxecto. Está moi ben apostar por outros deportes e oxalá Coruña teña o seu espazo baloncestístico, que as institucións o apoien e que o club vai necesitar a súa masa social para seguir apostando porque haxa baloncesto do máximo nivel”.

Máis novas

ÚLTIMAS

Pontón acusa a Rueda de “estafa” por anunciar como protexidas “vivendas de aluguer a 1.000 euros” en Xuxán

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "estafa" que o PP na Xunta anuncie como...

O PP esixe explicacións sobre “gretas” na Mariña, que a rexedora vincula cunha zona “en obras”

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña esixiu ao goberno local explicacións...

Estudios Abertos: Descubrindo o talento dos creadores herculinos

Bonita e enriquecedora volveu ser a xornada de Estudios Abertos desenvolta este sábado na...

1,2 millóns para actuacións na Torre de Hércules

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá de luns varias ordes, entre elas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here