InicioCULTURAEn marcha a II edición do Premio Autobán ao Mellor Fanzine...

En marcha a II edición do Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024-2025

Publicada o

Por editor

A Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña, convoca o II Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024-2025, un certame pioneiro no sector da autoedición, cuxo premio constará dunha dotación económica de 1.250 € e un trofeo personalizado a man polo artista Luis Yang (gañador da primeira edición do certame). Tamén ten completado un accésit cunha dotación económica de 350 €.

Poderán participar todas as autoras, autores e colectivos que autoeditaron un cómic ou fanzine gráfico en lingua galega ou desde Galicia entre o 15 de maio de 2024 e o 15 de maio de 2025, cun máximo de 3 obras por participante, sempre que o/a autor/a ou a maioría dos/as compoñentes do colectivo sexan de orixe galega ou estean fincados/as en Galicia. O tema, a técnica, o formato e o deseño do fanzine serán libres. A persoa gañadora do premio, seleccionada por un xurado especializado, darase a coñecer a partir de mediados de xullo e mais tarde celebrarase a cerimonia de entrega do premio durante a edición de verán 2025 do Festival Autobán.

O prazo para a preinscrición en liña estenderase do 19 de maio ao 9 de xuño e as bases completas do II Premio Autobán poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.autoban.gal/premio25.

 Máis novas

Luis Yang estrea o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

“A Coruña foi unha cidade moi importante para o movemento creativo en fanzines”

Castelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o Atlántico,

ÚLTIMAS

Unha guía para seguir o rumbo dos deportados coruñeses aos campos nazis

Tivo lugar esta mañá, na rúa Santiago 15, diante do stolpestein de Leopoldo López...

O CEIP Concepción Arenal acolle este martes o peche reivindicativo do ensino público galego

En outubro o profesorado realizaba un peche en protesta polo mal estado de saúde...

Fracasa a mediación no conflito do transporte e mantense a folga indefinida na Coruña

A reunión fixada para este luns entre sindicatos e patronal, con mediación do Consello...

Arquivada a causa polo disparo policial que causou a morte dun home no Coruña en Nadal de 2023

O Xulgado de Instrución número 1 da Coruña decretou o sobresemento libre "por concorrer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here