InicioCULTURACastelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o...

Castelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o Atlántico,

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A banda deseñada e a música será a temática principal da 28ª edición do festival internacional da banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. O certame celebrarase do 11 ao 17 de agosto, enmarcado nas celebracións das Festas de María Pita.

O cartel deste ano é obra de Rubén Rial. Por primeira vez o festival deixa o cartel en mans dun autor emerxente aliñándose ademais coa creación galega nun ano especial onde a actividade xirará arredor da figura de Castelao no 75 aniversario do seu pasamento.

Cartel Salon do Comic Vinetas do Atlantico 2025 Coruna

Rial homenaxea no cartel ao propio Castelao interactuando con Krazy Cat, personaxe de Herriman, pioneira do cómic americano e contemporánea de Castelao. Na ilustración súmanse outros personaxes que fan referencia ao segundo eixo temático desta edición, a relación da banda deseñada coa música. A Torre de Hércules é o marco da acción onde unha morea de viñetas se cruzan facendo que os diferentes personaxes converxan nun mesmo mundo.

Outras novas

Castelao será unha das figuras centrais do Viñetas desde o Atlántico

Manel Cráneo, novo director do Salón do Cómic da Coruña

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here