InicioCULTURALuis Yang estrea o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

Luis Yang estrea o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

Publicada o

Por editor

Este I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego recibiu un total de 57 proxectos, con 54 publicacións válidas, que o público poderá ver  e ler na Expofanzines que acollerá Viñetas desde o Atlántico 2024 no Palexco da Coruña do 12 de agosto ao 30 de setembro.

— — —

Luis-Yang
Luis Yang

A Asociación Cultural Autobán vén de anunciar o gañador do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024, o primeiro festival coruñés de cómic autoeditado. Luis Yang alzouse co galardón grazas á súa obra Sunny 16. decidiu outorgarlle, tamén, un accésit con diploma a Gemma Pérez, pola súa obra ‘Mi nick era #humeda’.

Este I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024 recibiu un total de 57 proxectos, con 54 publicacións válidas.

En palabras da Asociación Autobán, “esta mostra, e o palmarés en particular, ofrecen unha precisa radiografía dun movemento vizoso e inclasificable, sorprendentemente ecléctico e militante, que trata todo tipo de temáticas adultas con multitude de técnicas e enfoques. Botando un ollo a estas páxinas, evidénciase unha certeza: estas artistas chegarán lonxe, hai canteira en Galicia (e en galego). Esperamos con ilusión que o Premio Autobán se manteña e que, edición a edición, a colección de fanzines da Coruña non deixe de crecer e de documentar os cambios e transformacións dun medio orgullosamente mutante, desbordante de imaxinación e con potencial para seguir explorando”.

 

O público poderá ver e ler todas as obras presentadas a concurso na Expofanzines que acollerá o festival Viñetas desde o Atlántico 2024 no Palexco da Coruña do 12 de agosto ao 30 de setembro.

ACTA DO XURADO DO I PREMIO AUTOBÁN AO MELLOR FANZINE GALEGO

O xurado especializado do certame, integrado polos profesionais María Gil, historiadora da arte e investigadora; Brais Rodríguez, ilustrador e profesor; e Toño Vilaverde, libreiro especializado,

  • I PREMIO AUTOBÁN:Sunny 16, de Luis Yang.

Sunny 16_Luis Yang_1

O xurado outorga o I Premio Autobán a Sunny 16, de Luis Yang, polo xeito no que reflexiona sobre como a fotografía constrúe á vez que obstrúe o recordo. Trátase dun fanzine coidado tanto pola proposta estética como polo acabado e a edición. O xurado destaca que o seu elemento diferencial é a forma na que conviven a fotografía e o debuxo e o poder evocador que resulta desta interacción. Tamén se tivo en conta a traxectoria vinculada ao fanzine e á autoedición do autor, que leva anos traballando este tipo de formatos, nos que se mestura fotografía e debuxo.

  • Accésit con diploma:Mi nick era #humeda, de Gemma Pérez.

Mi nick era #humeda_Gemma Pérez

O xurado sinala que “Mi nick era #humeda” de Gemma Pérez é precisamente o que se nos ven á cabeza cando pensamos na palabra “fanzine”. Destaca polo seu uso do deseño gráfico, a súa edición coidada, a narrativa e o compromiso social abordado desde a vivencia persoal e o sentido do humor. “É o inicio á sexualidade dunha nena que logo se transforma”.

Mencións:

  • Macheta 7, da Asociación Artístico-cultural Huhú e Asociación Teixo, pola súa homenaxe ao punk.
  • Así somos, de Raquel Montero, polo seu aspecto táctil.
  • sólo una vez más, de Aisha Rey, polo seu emprego sensible da sinestesia.

O I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego consta dunha dotación económica de 1.250 euros e un trofeo realizado pola escultora, deseñadora e pintora de modelos en producións de Stop Motion Laura Pazos. A creadora deseñou unha colección de catro esculturas destinadas a ser pintadas cada ano por un artista diferente como parte da recompensa á persoa gañadora do certame. Nesta primeira edición, Aisha Rey (gañadora do Combate de Debuxantes de Autobán 2023) foi a encargada de pintar o trofeo para que sexa unha peza única.

Viñetas desde o Atlántico inaugura o 12 de agosto unha nova edición na que se homenaxea a Akira Toriyama

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here