InicioCULTURAAlingua activa o "Modo Galego"

Alingua activa o “Modo Galego”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mantívose hoxe unha reunión da directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua). No encontro presidido por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, participaron por parte de Alingua o seu presidente, Ramón Varela Rodríguez, do Concello de Carballo; o secretario, Demetrio Gómez Xunqueira, do Concello de Pontevedra; e o tesoureiro, Gonzalo Castro, do Concello da Coruña; e mais Carme Pereiro, Xulia Rigueiro e Concepción Cochón, técnicas de normalización lingüística de Carballo, A Coruña e Pontevedra.

Acordouse a elaboración dun protocolo de colaboración entre ambas institucións, que abordará accións concretas de dinamización e promoción da nosa lingua, como o programa “Modo Galego, actívao!”, posto en marcha pola RAG e o Concello de Ames, e que xa acadou o premio Mil Primaverasde cara á súa extensión a outros municipios.

Henrique Monteagudo agradeceu o apoio na promoción desta iniciativa e amosou o interese da Real Academia Galega en proxectos compartidos entre concellos que promove Alingua como Enreguéifate, Youtubeiras, Club de Debate ou Apego.

Máis novas

O proxecto Vitamina G, do CEIP Sagrada Familia, entre os gañadores dos Premios Mil Primaveras

Que problemas ten o galego para ser útil en Internet?

Lamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co lema “O Dépor é da Coruña”

ÚLTIMAS

O IMCE convoca aos docentes do Programa de Lecer a unha reunión

Xa pasaron 15 días de silencio dende que o Concello anunciaba o rescate a...

Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

Constituíuse hoxe a Comisión Especial sobre o Mundial 2030. Despois de máis dun ano...

Taxis da Coruña poderán recoller pasaxeiros en Alvedro

Concello da Coruña, Concello de Culleredo e Xunta de Galicia chegaron hoxe a un...

Unha doutora a xuízo por acceder ao historial clínico dunha compañeira sen permiso

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro día 4 un xuízo no que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here