InicioA CORUÑAProhibirán o uso de altofalantes nas praias

Prohibirán o uso de altofalantes nas praias

Publicada o

Por editor

A Xunta de Goberno Local aprobaba o novo proxecto da ordenanza de uso das praias da cidade.
Un dos aspectos clave da ordenanza é a prohibición de altavoces nas praias, unha medida que vén derivada das molestias que producen ás persoas usuarias e, ademais, porque o ruído dos altavoces pode interferir nas recomendacións de seguridade e nos avisos de alarma que emite a megafonía do persoal de salvamento.

O texto tamén estipula a prohibición de cans nas praias entre o 1 de xuño e 30 de setembro, excepto na esquecida cala de Bens, a única praia canina da cidade.

Con todo, aseguraron que nun futuro hai a  posibilidade de que o Concello defina áreas de esparexemento canino temporais ou permanentes nas praias.

Por outra banda, na tempada de baño está previsto que se permitan as actividades de deporte, sempre e cando se leven a cabo a un mínimo de 10 metros das persoas usuarias.
“O Concello poderá habilitar zonas específicas nas praias para a práctica de xogos e deporte se o ve oportuno” , precisou a alcaldesa.

Ademais, con esta ordenanza ábrese a posibilidade de declarar zonas sen fume.

Máis novas

A catastrófica situación da cala de Bens, “posiblemente a praia máis contaminada da provincia”

Luz verde á taxa turística

ÚLTIMAS

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de...

As VTC volverán copar o pleno

A nova mobilización dos taxistas da pasada semana volve traer á actualidade a problemática...

A CRMH esixe a Defensa que retire o nome do xeneral Juan Yagüe dunha sala da Capitanía da Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) dirixiu un escrito ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here