InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOMar de Fábula celebra a Semana dos Océanos con dúas limpezas colaborativas...

Mar de Fábula celebra a Semana dos Océanos con dúas limpezas colaborativas e sociais en Riazor e Camelle

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Día dos Océanos é un día marcado no calendario da comprometida Asociación Mar de Fábula. De feito, a entidade responsable do programa Entre Crebas que reconvirte persoas privadas de liberdade en axentes do cambio”, estenden o día, que se celebra o 5 de xuño, a toda a semana, e convoca dúas importantes xornada de limpeza e concienciación contando coa colaboración de diversos colectivos sociais tanto na praia herculina de Riazor como no areal de Camelle. Todo, baixo o lema “Pola limpeza do noso mar, pola saúde dos oceános”.

Mércores 4 de xuño: Limpeza de lixo mariño na praia de Riazor

A entidade une na xornada do 4 de xuño, a partir das 11:00h, a varios colectivos singulares, convertindo a acción medioambiental en unha actividade de reinserción social. Internos do Centro Penitenciario de Teixeiro e do Centro de Inserción Social da Coruña (CIS), coordinados pola Fundación Erguete Integración, unirán as súas máns aos do voluntariado de Mar de Fábula e aos usuarios de ASPRONAGA (que sempre aportan a súa enerxía tan especial), para limpar o noso meirande tesouro natural.

Despois da limpeza e caracterización do lixo recollido, todos os participantes celebraremos un grande acto simbólico compartindo o planeta, “a nosa casa común”, ao longo dos 600 metros do areal de Riazor, sala de estar da cidade da Coruña aberta a todas as olladas e a todos os veciños que se queiran unir, facendo como propio o obxectivo de traballar por unha sociedade inclusiva que recoñece e fai súa a diversidade dos seus membros, os memos dereitos e oportunidades para todos.

Mar de Fabula Dia dos Oceanos

Venres 6 en Camelle

Para a xornada do venres, o voluntariado da entidade une as súas mans, neste caso, coa comunidade escolar do CEIP da Ponte do Porto. 160 estudantes, e todo o profesorado do centro, 17 docentes, xunto cos cativiños da Escola Infantil de Camelle baixarán unha vez máis o areal de Camelle, para unir as súas mans na limpeza do lixo mariño que con alta frecuencia, os ventos e as corrrentes da Costa da Morte achegan á nosa praia.

Despois da limpeza e caracterización do lixo recollido, celebrarán un segundo grande acto simbólico compartindo o planeta, a nosa casa común, ao longo dos 300 metros do areal de Camelle. Por último, cos refugallos apañados, construirán mandalas na area en homenaxe á memoraia de Man, o Alemán de Camelle.

Máis novas

A incansable loita contra as cabichas nas praias

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

 

 

ÚLTIMAS

Falece unha muller tras ser arroiada por un tren na Coruña

Unha muller perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde foi...

A Audiencia da Coruña xulga un condutor por dous homicidios imprudentes

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores e xoves a un home...

O Dépor xa vai sendo “da” Coruña

Nova vitora da iniciativa “Aquí tamén se fala”. A mocidade do IES Rafael Dieste...

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Especial fin de curso para a rapazada dos CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here