InicioSOCIEDADEMoblizacións contra o ERE fraudulento presentado por Teleperforman/Vodafone

Moblizacións contra o ERE fraudulento presentado por Teleperforman/Vodafone

Publicada o

Por editor

Continúa o sector da atención telefónica en grave crise laboral. Ás mobilizacións das traballadoras de Atento e Movistar, súmanse xa ás da CIG para denunciar o ERE fraudulento promovido por Vodafone e Teleperformance e reclamar a subrogación das 29 persoas afectadas no centro de chamadas da Coruña.

Asi o demostraron os traballadores nunha concentración este luns diante da Delegación do Goberno. Lembran que “Teleperformance presentou un despedimento colectivo para desfacerse do persoal que presta servizo a Vodafone, tras a operadora de telecomunicacións abrir un centro propio en Valladolid que supostamente ía nutrir con traballadores e traballadoras das contratas”.

“Pero en realidade o que nos atopamos é que está finalizando os contratos coas súas auxiliares, como é o caso de Teleperformance, que á súa vez despide o persoal de maneira barata a través dun ERE”, denuncia o secretario da CIG-Banca da Coruña e delegado de persoal, Sergio Toucedo.

Apunta á complicidade entre ambas empresas e reclámalle a Teleperformance que recupere a actividade deslocalizada, principalmente a Colombia, como o servizo de atención á clientela de UFD (100 empregos) e Servihabitat (50), “que xa se prestaban na Coruña e que permitirían recuperar emprego e manter os postos de traballo que agora se queren suprimir”.

Teleperformance desvirtúa os datos

En todo o Estado, o expediente de extinción afecta a máis de 300 persoas. Toucedo considera que a formulación da empresa “non é a correcta”, xa que hai centros con só dúas persoas afectadas e outros como Sevilla onde hai 19, “mais que xa non daban servizo a Vodafone dende outubro pasado. Teleperformance está desvirtuando os datos para xustificar este ERE”, advirte.

Explica que na Coruña incluso hai persoal que fora recolocado previamente noutras campañas pola baixada da carga de traballo “e, ademais, detectamos movementos bastante sospeitosos, como sacar persoal da campaña de Vodafone a outros servizos xusto hai un mes”. Esta manobra serviríalle á empresa “para quedar co persoal que lle interesa, utilizar o ERE para botar á rúa de maneira económica a aquelas traballadoras e traballadores máis veteranos -que teñen case 20 anos de antigüidade- e seguir a precarizar as condicións laborais”.

Máis novas

Concentracións da CIG en Atento para protestar pola deslocalización dos centros de chamadas

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O Cemiterio de Santo Amaro lembrou a María Barbeito Cerviño, Curros Enríquez e Federico Fdez. Amor-Calvet

Trala fin de semana de actividade comercial polos barrios arredor do Haloween, este domingo...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here