InicioSOCIEDADEUn minuto de silencio institucional por Maritza

Un minuto de silencio institucional por Maritza

Publicada o

Por editor

Trala concentración social celebrada na tarde de onte en María Pita, as institucións facían o propio esta mañá, diante da Subdelegación para amosar a repulsa ao asasinato machista acontecido esta fin de semana na Sagrada Familia.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, leu unha declaración institucional no minuto de silencio convocado, trasladando a súa “máis rotunda condena” polo asasinato por violencia de xénero de Maritza Hellen, de 49 anos, e reiterando o seu sentido pésame aos seus familiares e achegados, en nome do Ministerio de Igualdade, as Delegacións e
Subdelegacións do Goberno de España e as Direccións Insulares da Administración Xeral do Estado.

A Subdelegada resaltou que “como sociedade democrática, non podemos tolerar ningún tipo de violencia contra as mulleres polo feito de ser mulleres. A violencia machista é unha violencia estrutural, sustentada na discriminación sexista, a desigualdade e o desequilibrio nas relacións de poder entre mulleres e homes”.
“A violencia contra as mulleres e nenas vulnera os seus dereitos fundamentais á vida, á liberdade, á integridade física e moral, á igualdade e á dignidade”, concluíu.

Con este crime son xa 14 (a segunda en Galicia) as mulleres asasinadas en 2025 a mans da súa parella ou exparella, e once as criaturas menores de idade que quedaron orfas. Desde 203, foron asasinadas 1.308 mulleres por violencia de xénero. Desde 2013, son 63 os nenos e nenas asasinados por violencia de xénero contra a súa nai e 480 o número de nenos e nenas orfos por violencia de xénero en España.

 

Máis novas do caso

Unhas 200 persoas concéntranse na Coruña para condenar o feminicidio da Sagrada Familia

A muller asasinada na Sagrada Familia pola súa parella estaba no sistema VioGén

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

Un trailer queda atrancado no medio das Xubias

Un camión de grandes dimensións provocou danos en varias casas tras quedar atrapado no...

Detida unha anciá por furtar xoias valoradas en 7.000 euros nunha xoiaría da Ronda de Outeiro

Axentes da Comisaría de Policía Nacional da Coruña, adscritos ao Grupo de Investigación de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here