InicioA CORUÑAConvenio entre Xunta e Concello da Coruña para o novo centro de...

Convenio entre Xunta e Concello da Coruña para o novo centro de saúde de Santa Lucía

Publicada o

Por europapress

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinaron o convenio para rehabilitar o mercado de Santa Lucía como centro de saúde.

Desta forma, o Executivo galego asumirá o financiamento íntegro da parte sanitaria de transformación do mercado, cun investimento de 5,8 millóns de euros, máis da metade do total.

Rueda cualificou a actuación como unha “débeda pendente” coa cidade, en alusión a unhas obras que permitirán converter o antigo mercado de Santa Lucía nun novo espazo multifuncional que albergará un centro de saúde, un centro cívico e o mercado de abastos. “Vai supor un antes e un despois”, sentenciou.

En concreto, o convenio de colaboración interadministrativa certifica a próxima posta en marcha das obras de rehabilitación do antigo mercado, no barrio de Falperra, cun investimento total de 10 millóns de euros.

A alcaldesa destacou que o acordo responde a unha “demanda histórica”. “A creación do centro de saúde de Santa Lucía non era unha demanda máis, senón unha das máis relevants porque suporá mellorar a atención sanitaria de todo un barrio, a creación dun espazo de encontro e a dinamización económica”, sentenciou.

O prazo de execución fíxase en 18 meses desde a posta en marcha dos traballos. A intención é que as obras estean en marcha antes de que conclúa este ano co obxectivo de que A Coruña conte en 2027 con esta nova infraestrutura.

ÚLTIMAS

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da...

Os médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as negociacións coa Xunta

O sindicato O'Mega mantén o calendario de folga e de mobilizacións para conseguir un...

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán....