InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOInvestigacións sobre a relación do plancto microbiano e o cambio climático no...

Investigacións sobre a relación do plancto microbiano e o cambio climático no IEO da Coruña

Publicada o

Por monchomarino

Un equipo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) da Coruña, estudou a diversidade e actividade do plancto microbiano no sistema de afloramento do noroeste da península ibérica, “un dos máis produtivos do Atlántico europeo”, remarcan.

O estudo demostra que a materia orgánica disolta (DOM, polas súas siglas en inglés) é un factor clave que regula a composición e función destas comunidades microbianas, e revela unha estreita relación entre a química da auga e a presenza de determinados xenes microbianos asociados ao envellecemento das masas de auga.

“Estes microorganismos, invisibles pero esenciais, son verdadeiros reguladores do funcionamento do océano”, sinala Marta Varela, investigadora do IEO-CSIC e unha das directoras do estudo. “Comprender a súa diversidade e comportamento axúdanos a anticipar como responderán os ecosistemas mariños ante o cambio climático”

Este traballo pon de manifesto o papel esencial do plancto microbiano, especialmente bacterias e arqueas, nos ciclos bioxeoquímicos do océano, con implicacións directas no ciclo do carbono e na regulación do cambio climático.

En rexións de afloramento como a estudada, caracterizadas por unha alta produtividade e forte variabilidade ambiental, os microorganismos actúan como reguladores dinámicos dos nutrientes.

A investigación combina técnicas de secuenciación xenética e análises avanzadas da DOM, incluíndo espectrometría de masas de alta resolución, para caracterizar a composición taxonómica e funcional do microbioma mariño en paralelo coa DOM en distintos momentos do ano e a diferentes profundidades, desde a superficie iluminada ata máis de 5000 metros.

CONCLUSIÓNS

“Atopamos unha estreita relación entre a diversidade química da DOM e a composición microbiana en todas as capas do océano”, explica Mar Nieto-Cid, tamén investigadora do IEO-CSIC. “A DOM non só alimenta aos microorganismos, senón que tamén estrutura quen está presente e que funcións desempeña”.

Os resultados mostran unha marcada estacionalidade na zona iluminada, onde as condicións de mestura invernal favorecen comunidades máis diversas e menos abundantes -cunha notable representación de Archaea-, mentres que na primavera-verán, baixo condicións de afloramiento e estratificación, obsérvanse comunidades que inclúen grupos dominantes como as Flavobacterias.

Ademais, identificáronse subpoblaciones microbianas que poderían ter funcións ecolóxicas diferenciadas, en resposta a cambios na hidrografía e a composición química da auga.

A maior profundidade, a diversidade química da DOM consolídase como un factor estructurador das comunidades microbianas, asociado a xenes funcionais vinculados ao envellecemento da auga. Paralelamente, observouse un descenso na actividade microbiana coa profundidade, acompañado dunha transformación na composición da DOM.

ÚLTIMAS

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here