InicioMOV. SOCIAIS‘Por un monte galego con futuro’ convoca unha mobilización nacional o 14...

‘Por un monte galego con futuro’ convoca unha mobilización nacional o 14 de setembro para esixir medidas que eviten outra vaga de lume

Publicada o

Por editor

Tras o éxito das máis de 30 concentracións celebradas por todo o país o pasado 21 de agosto contra a política forestal do Goberno galego, a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.

Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal aprobado pola Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas.

En próximas datas convocaremos unha rolda de prensa para presentar con máis detalle todo o que arrodea esta mobilización.

Berros de “Incompetencia” e “Rueda dimisión” enchen o Obelisco

ÚLTIMAS

Nova suspensión ao proxecto das Percebeiras para incluír a parcela do antigo Padre Rubinos

O Pleno desta mañá de xoves 15 de xaneiro no Pazo de María Pita...

Inditex pechará a súa histórica primeira tenda de Zara aberta dende o 1975

Inditex pechará o próximo día 30 de xaneiro a súa primeira tenda de Zara,...

“Xustiza”, a familia de Diego Bello busca en Filipinas a condena dos policías asasinos

Familiares de Diego Bello -- o mozo coruñés falecido en Filipinas en 2020 e...

O Concello afrontará unha nova ordenanza sobre os VTC

O pleno celebrado nesta mañá de xoves 15 de xaneiro, ratificou a idea de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here