InicioECONOMÍAA hostalaría coruñesa seguirá mobilizándose durante todo o mes de setembro

A hostalaría coruñesa seguirá mobilizándose durante todo o mes de setembro

Publicada o

Por editor

Despois da resposta masiva acadada na concentración convocada pola Hostalería coruñesa realizada diante do Burguer Fest da Coruña, as organizacións sindicais CCOO, CIG e UGT anuncian a continuidade do calendario de mobilizacións para esixir un convenio digno na hostalaría da provincia de A Coruña.

As entidades sindicais e os traballadores e traballadoras da hostalaría convocan á cidadanía para participar activamente nas recollidas de sinaturas e na concentración do 26 de setembro en Santiago de Compostela, baixo o lema “Por un convenio digno na hostalaría”.

As organizacións sindicais lembran que “o éxito económico da hostalaría coruñesa non pode sosterse sobre a precariedade laboral. Se o sector medra en facturación e beneficios, é xusto e necesario que ese crecemento se traduza en melloras reais para as persoas que fan posible o seu funcionamento diario”.

Novas mobilizacións

Así, xa están confirmadas as seguintes accións:
4 e 5 de setembro – Recollida de sinaturas no Obelisco da Coruña, de 10:00 a 13:00 horas.
11 de setembro – Recollida de sinaturas na Praza do Toural, Santiago de Compostela, de 10:00 a 13:00 horas.
12 de setembro – Recollida de sinaturas na Praza Roxa, Santiago de Compostela, de 10:00 a 13:00 horas.
26 de setembro – Concentración na Praza do Toural, Santiago de Compostela, de 11:00 a 12:00 horas, coa entrega de panfletos á cidadanía.

Un sector con beneficios á alza e plantillas precarizadas

Os datos publicados recentemente amosan que a hostalaría da provincia da Coruña vive un verán de récords de ocupación e actividade:

● No mes de xullo acadouse un 88 % de ocupación hoteleira, tres puntos máis que no ano anterior.
● As terrazas e establecementos do centro rexistraron unha elevada afluencia, especialmente durante as festas, cun volume de negocio significativo.
● A patronal recoñeceu que as cifras de 2025 igualan ou superan ás de 2023, a pesar dalgunhas incidencias climatolóxicas e loxísticas.

Este incremento de facturación e beneficios contrasta coa realidade das persoas traballadoras: salarios que apenas superan o SMI, xornadas abusivas, falta de descansos e ameazas de recortar dereitos como o complemento por Incapacidade Temporal.

Máis novas

Concentración na Coruña por un convenio e salario “xusto” para a hostalaría

ÚLTIMAS

A Alexandre Bóveda rescata a “outra cara” de Manuel María este mércores no Colón

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ultima os preparativos para a 28ª edición do Memorial Ibán...

Trasladadas dúas persoas tras un dobre accidente na AP-9 no Burgo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia tras un dobre...

Inés Rey defende que a suba do alugueiro se “contén” na Coruña tras seis meses como zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a existencia dunha "contención" do prezo do...

O BNG preguntará no pleno as razóns da “inexplicable” anulación da viaxe cultural do Fórum e Ágora

Denunciabamos a semana pasada a preocupación dos usuarios da viaxe cultural internacional de fin...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here