- A CIG denuncia ratios “disparatadas” en diferentes centros de ensino da comarca da Coruña polos recortes.
— — —
Novo comezo de curso convulso nos centros de ensino da comarca da Coruña. Se ben non está a haber grandes mobilizacións, si que os centros escolares están sufrindo os novos recortes da Consellería de Educación, provocando situacións graves en numerosos centros de toda Galicia. Só na provincia da Coruña, segundo denuncia a CIG Ensino, a Consellería está intentando cubrir 45 vacantes con contratacións de media xornada, o que provoca unha redución xeralizada do profesorado, e un grave descontrol e e desorganización nos centros, onde teñen abandoar os tan necesario proxectos educativos das Bibliotecas.
Na cidade, unhas das situacións máis graves a están a sufrir os CEIP María Barbeito e Cerviño e CEIP Alborada, onde a Consellaría obriga a agrupar aulas e négase a autorizar desdobres que resultarían imprescindíbeis para unha atención axeitada do alumnado.
Segundo a CIG, na cidade da Coruña concéntranse ademais “as ratios máis disparadas,” xunto con importantes carencias de profesorado que tamén se estenden a concellos limítrofes como Culleredo, Arteixo, Oleiros ou Carral.
Así, a cousa tamén é grave en centros da comarca como os CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos), o CEIP Sada e contornos, IES Mosteirón (Sada), CEIP Juana de Vega (Oleiros) ou CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral).
En todos estes centros a CIG detectou recortes de especialistas en Audición e Linguaxe (AL) e en Pedagoxía Terapéutica (PT),rou ben a obrigatoriedade de compartilos con outros centros próximos. “O que antes eran recursos propios agora convértense en recursos itinerantes, deteriorando gravemente a atención ao alumnado con necesidades educativas específicas”.
Centros en obras
Tamén sofren estes recortes o IES Menéndez Pidal-Zalaeta, o IES Rafael Dieste e IES Salvador de Madariaga (os tres da Coruña) e IES Manuel Murguía (Arteixo) . Nestes centros o curso comezou con obras en marcha, lonxe de estar rematadas e sen previsión de finalizar a curto prazo. Esta falta de planificación convertiu o inicio das clases nun escenario de incomodidades, inseguridade e improvisación, que afecta directamente ao desenvolvemento normal da actividade lectiva.
Nova folga o día 25
Se ben este sábado houbo concentración en Compostela, algo apagada pola do domingo polos lumes, o sindicato maioritario no ensino público fai un chamamento a todo o profesorado a secundar masivamente a folga xeral convocada para o vindeiro 25 de setembro, “como resposta colectiva e contundente fronte a unhas políticas que poñen en risco o dereito á unha educación de calidade para todo o alumnado”.
Haberá unha marcha ás 12:00h por Compostela (de Cervantes á Consellería de Educación) saíndo buses dende a Coruña, dende diante da Seat (Avda Alfonso Molina s/n) ás 10:00 horas.
Outras novas
ANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo de curso”
ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”
ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”
ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”