InicioMOV. SOCIAISAs persoas con parálise cerebral de Aspace lanzan unha campaña contra o...

As persoas con parálise cerebral de Aspace lanzan unha campaña contra o uso inaxeitado das prazas de Mobilidade Reducida

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mentres na Coruña a cidade celebra a Semana Europea da Mobilidade, por Sada, a familia de ASPACE vén de lanzar unha campaña para concienciar sobre o uso axeitado das prazas de aparcamento de mobilidade reducida.
Unha campaña para lembrarlle á cidadanía que “as prazas de estacionamento para PMR non son un privilexio, senón un dereito, e que respectalas é fundamental para garantir a mobilidade e a autonomía das persoas con parálise cerebral”.

Durante a mañá de onte empapelaron un vehículo en Sada con carteis informativos e billetes en proposta pola ocupación iregular dunha praza de estacionamento PMR. Tamén entrevistaron á cidadanía, preguntándolle que farían se lles desen 200 euros, o importe da multa por estacionar ilegalmente nun PMR.

Familia de Aspace na campaña sobre as prazas de mobilidade reducida

500 prazas e 1.400 multas ao ano

Hai 33 prazas de estacionamento para PMR en Sada, e máis de 500 na cidade da Coruña, pero aínda queda moito por facer para garantir o bo uso destas prazas, xa que só na Coruña, a Policía Local tramita máis de 1.400 multas ao ano por estacionamento ilegal nestas prazas.

Decálogo

Decálogo de buenas prácticas en el uso de las plazas PMR - 1

A Semana Europea da Mobilidade tamén se celebrará para dar a coñecer o decálogo elaborado polo grupo de traballo “Exerce os meus dereitos”, formado por persoas con parálise cerebral. Levan meses traballando para darlle forma a este decálogo que inclúe recomendacións básicas como non ocupar unha praza de estacionamento sen tarxeta autorizada, evitar bloquear ramplas ou o acceso a estas prazas, non usar a praza “só por un momento” e respectar as prazas de descarga laterais.

Ademais do Decálogo, a campaña tamén inclúe un vídeo protagonizado por usuarios das organizacións membros baseado nos 10 puntos incluídos no Decálogo:

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here