InicioA CORUÑACatro novas estacións de BiciCoruña para celebrar a apertura da Semana Europea...

Catro novas estacións de BiciCoruña para celebrar a apertura da Semana Europea da Mobilidade

Publicada o

Por europapress

Arrincou na praza de Pontevedra a Semana Europea da Mobilidade, baixo o lema ‘Mobilidade para todas as persoas‘. Unha Semana que comezaba anunciando a posta en funcionamento de catro novas bases, que ampliarán ata 61 o número de estacións dispoñibles na cidade.

Hoxe puxéronse en servizo dúas bases: unha entre os Cantóns e a Alameda, e outra en Agrela. O xoves está previsto habilitar a da praza da Concordia e a da rúa Camelias, no Barrio das Flores

Por outra banda, o programa inclúe o mércores está previsto un foro divulgativo sobre a nova ordenanza de mobilidade sustentable, que pon o peón e o ciclista por diante dos vehículos a motor

Unha das entidades que colabora na Semana é a Compañía de Tranvías, que presentou no seu posto un vídeo que ten como obxectivo darlle visibilidade ao programa ‘Móvete’ da Fundación ADCOR co que colabora e cuxo obxectivo é fomentar a autonomía no uso do transporte público das persoas con discapacidade intelectual.

 

Arrinca na Praza de Pontevedra a Semana da Mobilidade

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...