InicioMOV. SOCIAISContinúa a folga en DIGI

Continúa a folga en DIGI

Publicada o

Por editor

Continúan os traballadores e traballadoras desenvolvendo a súa folga en rexeitamento ao convenio de empresa asinado en Madrid por UGT e CCOO, que recorta substancialmente as condicións salariais e laborais actuais. Este xoves tivo lugar a terceira xornada de folga, e o persoal aproveitou para concentrarse na praza do CC Marineda – onde a operadora de telecomunicacións conta cunha tenda- e repartir follas informativas entre a clientela sobre os motivos do conflito.

Unha xornada máis, segundo denuncian dende a CIG-Industria, “a empresa está intentando vulnerar o dereito á folga con prácticas de esquirolaxe, ao desprazar un importante continxente de traballadores/as da provincia de Pontevedra e de Asturias para que fagan o traballo dos compañeiros en folga. Esta actuación ilegal foille comunicada á Inspección de Traballo para que incorpore estes feitos e amplíe a denuncia presentada o martes pola CIG, por unha práctica similar pero naquel día con persoal trasladado dende Madrid. Ademais, hai que salientar que, nos días previos á folga, a empresa dedicouse a enviar correos ameazadores ao comité co obxectivo de amedrentar o persoal para que non secundara os paros”, sinalan.

Lembran que “o convenio de empresa promovido por DIGI e negociado en Madrid sen contar coa participación de todos os sindicatos con representacións nos comités nin coa opinión do conxunto do persoal só ten como obxectivo precarizar as condicións de traballo, afastar as relacións laborais dos centros de traballo e debilitar calquera resposta colectiva”.

Máis novas

O persoal de DIGI volve á rúa contra a precarización

 

ÚLTIMAS

A Xunta reclama á Coruña máis solo para vivenda pública ante o bloqueo dunha parcela en Xuxán

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, remitiu unha carta...

Inés Rey reforza a colaboración co novo director da Aesia para consolidar A Coruña como referente tecnolóxico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo esta mañá unha reunión institucional con Alberto...

A Coruña presume de “conter” o aluguer na cidade tras aplicar a zona tensionada

O goberno local da Coruña incidiu na consolidación da "contención" do aluguer desde a...

Unha tortilla contaminada por salmonelose, probable causa da contaminación no IES Elviña

A Consellería de Sanidade informou de que o brote gastrointestinal que afecta desde o...

1 COMENTARIO

  1. ¡Qué espectáculo laboral en Madrid! UGT e CCOO demostrando que recortar es un arte, y DIGI respondiendo con amenazas digitales y trampas como traer personal de otras provincias (¡menudo plan de marketing anti-folga!). La Inspección de Traballo parece estar esperando su turno en la lista de quién es el siguiente. Todo un drama de Caperucita Roja va a la folga y el lobo es… ¡la empresa! con un toque de envían correos amenazadores porque les faltó el estribillo. ¡Lo de hoy en DIGI es más emocionante que una telenovela local!Nano Banana free

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here