InicioA CORUÑAA CUAC FM celebra os seus 30 anos con 500 programas e...

A CUAC FM celebra os seus 30 anos con 500 programas e un completo programa de actos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

30 anos en antena. Non moitas cadeas de radio poden dicir o mesmo, pero a Radio Comunitaria da Coruña, si que pode. A CUAC FM 103.4 acaba de dar por comezada oficialmente a súa 30ª tempada, e a directiva e todo o elenco de colaboradores queren celebralo por todo o alto.

Primeiro na grella, sumando máis de 500 programas, 501 exactamente trala estrea de “Tinta y Voz”, realizado pola Asociación Educativa AtlanTics, e “Desde un metro más abajo”. Medio millar de programas que teñen achegado 1.500 persoas á emisora do Campus da Zapateira.

E despois tamén o van celebrar coa cidade. O Colectivo de Universitarios Activos, a asociación propietaria da radio, pensa organizar múltiples actos nos que se impliquen persoas de todas as etapas da radio e tamén toda a cidadanía coruñesa que a sinte como propia. Porque se es de A Coruña, é case imposible que non coñezas a alguén que nalgún momento da súa vida fixese programa en CUAC FM.

Cea Baile

Ainda que moitas das actividades previstas non se poden contar aínda, si que xa está en marcha a convocatoria dunha gran Cea baile o sábado 21 de marzo no Hotel Meliá María Pita. Se fixeches programa en CUAC FM e queres asistir, envía un correo a comunicacion@cuacfm.org.

Unha foto para lembrar as malas épocas, e festexar as novidades

Ese mesmo día, ás 13:04 xogando cos números do dial, convocan dende xa a toda a cidadanía coruñesa a unha foto colectiva na Praza de María Pita. Dende CUAC non esquecen o masivo apoio da veciñanza e a nivel institucional (Concello da Coruña, Concello de Oleiros, Deputación da Coruña, Universidade da Coruña…) recibido cando a Xunta de Galicia inicio un procedemento sancionador cunha multa entre 100.000 e 200.000 euros por emitir sen licenza. Unha licenza que levaban solicitando dende antes de comezar as súas emisións en 1996. E unha ameaza de sanción que chegou cando a Lei xa recoñecía o seu dereito a ter esa licenza para exercer un dereito fundamental, recolldido na Constitución Española. Aquel expediente, que obligou a abandoar temporalmente o 103.4 do dial finalizou cunha histórica vitoria no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ratificada polo Tribunal Supremo tras o recurso da Xunta ante a última instancia que lle quedaba. Por tanto, anotemos nas axendas: 21 de marzo, 13:04 foto en María Pita.

A historia continúa e recentemente a Xunta aprobou a documentación presentada conforme a actual lexislación de 2022 e o último trámite que falta para que CUAC FM obteña a desexada licenza.
A entidade que defende os dereitos deste colectivo, a Rede de Medios Comunitarios, celebrará en abril de 2026 o seu Encontro e Asemblea anual na Coruña para apoiar ese 30 aniversario de CUAC FM.

A grella, a tope

Malhumoradas de CUAC FM con Escuchando Elenfates
Imaxe das presentadoras do programa Malhumoradas de CUAC FM con Escuchando Elefantes

Coa chegada do mes de outubro regresan xa todos os programas habituais na programación como El Desinformativo ou Alegría, que levan 23 tempadas consecutivas en antena, ou Recendo, realizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e A Fume de Carozo, con alumnado de diversos centros escolares da provincia, aínda que coordinado dende o Colexio Calasanz.

No mes de setembro xa regresaran outros veteranos como Café con Gotas ou Escape Motor, que é un dos referentes en todo o realizado cos rallies e outras competicións de duas e catro rodas. Tamén cabe destacar o esforzo que se realiza dende FEGAUS, a Federación Galega de Universidades Senior de toda Galicia co seu programa Radio 50ypico ou Radio Ceus, que suma a alumnado doutros puntos de España. A música sempre está presente nunha radio e máis en CUAC FM que leva 27 edicións do seu Concurso de bandas e solistas e agarda convocar a 28ª nos vindeiros meses.

 

Máis novas

A Batalla de Bandas do XXVII Concurso de CUAC FM ratifica o poder das bandas locais

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

O programa de CUAC “Recendo” cumple 500 programas espallando a cultura galega

CUAC FM renova a súa web e emite o primeiro boletín realizado totalmente con IA na radio española

CUAC FM renova a súa directiva e prepara CUAC TV para celebrar o seu 29 aniversario

 

ÚLTIMAS

Recuperados vídeos da histórica manifestación pola capitalidade da Coruña

A Filmoteca de Galicia está a documentar centos de horas de vídeos de acontecementos...

Éxito de asistencia ás exposicións do Viñetas desde o Atlántico 2025

Máis de 50.000 persoas pasaron polas exposicións do Salón do Cómic 'Viñetas desde o...

A Coruña celebra os 150 anos da chegada do ferrocarril á cidade

O Concello da Coruña, a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, conmemorará...

A demolición do Hotel de Pacientes do CHUAC estará concluída este mesmo ano

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que a demolición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here