InicioSOCIEDADEA historia de Rosa Otero Raña, a terceira Filla Adoptiva da cidade

A historia de Rosa Otero Raña, a terceira Filla Adoptiva da cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dos 21, agora 22, fillos predilectos que ten a cidade (outros 5 foron desterrados pola Lei de Memoria Histórica), só 3 teñen nome de muller: María Casares, Carmela Arias y Díaz de Rábago, e dende onte, Rosa Otero Raña.

A fundadora da asociación antidroga Antonio Noche, fundadora de AECO, a asociación de
empresarias máis antiga de España, e presidenta da Asociación de Amas de Casa da Coruña recibía onte o título de Filla Adoptiva da cidade, nunha emotiva celebración no Pazo de María Pita. Membros da Corporación municipal, autoridades, representantes de entidades sociais, familiares e amizades acompañárona durante a cerimonia.

apg_20251006_ALCALDESA_ROSA_OTERO_FILLA_ADOPTIVA_CIDADE_002

Rosa Otero comezou ensinando a ler e a escribir a mulleres sen recursos e posteriormente
colaborou coas necesidades das persoas que vivían nas chabolas, sendo unha das
cabezas visibles na loita contra as adiccións a través da Asociación Antonio Noche.

“Polo teu exemplo e pola túa loita. Por abrir portas e lembrar sempre ás mulleres invisibles. Por facer cidade sen excluír a ninguén”, dixo a rexedora Inés Rey ao presentar a esta muller pioneira e recoñecida pola súa labor social e traballo no terceiro sector.
Rey destacou o papel pioneiro de Rosa Otero, muller que “abriu camiños nun mundo no que non se falaba de teitos de cristal, porque todavía había que ser quen de abrir as portas e as ventás”. Ademais, a rexedora lembrou o diferente contexto “no que as mulleres tiñan que loitar o triplo para chegar ao espazo que lles correspondía”

A primeira rexexora da historia da cidade lembrou que A Coruña é unha cidade de mulleres pioneiras e que “agora sumamos a Rosa Otero a esa cadea de mulleres que fixeron da nosa cidade un lugar mellor”.

Máis novas

Proposta do Concello da Coruña para recoñecer á presidenta de Amas de Casa Rosa Otero como ‘filla adoptiva’

Os dous senegales que auxiliaron a Samuel Luiz, fillos adoptivos da Coruña: “Non somos heroes”

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Baixan os accidentes e emerxencias nas praias da Coruña: 665 incidencias este verán

Os servizos de salvamento do Concello da Coruña destacaron un "descenso xeral" no número...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here