InicioCULTURAO Festival Galicreques enche a Sala Gurugú de arte internacional

O Festival Galicreques enche a Sala Gurugú de arte internacional

Publicada o

Por editor

Sala Gurugú da Coruña arrinca esta fin de semana co XIII Festival Internacional de Títeres da Coruña-Extensión Galicreques. O seu escenario, situado no número 3 da Rúa Agra de Orzán, recibirá entre esta fin de semana e a seguinte seis espectáculos de compañías procedentes de Arxentina, Chile e Colombia. As seis pezas serán a primeira vez que se representen, polo que neste 2025 Galicreques ofrecerá seis estreas na Coruña.

El ultimo arbol
El último árbol

A programación de Galicreques na Gurugú comezará hoxe mesmo, venres 10 de outubro, ás 18.00 horas. A esa hora, estreará a compañía colombiana El Guiñol del Guiñol a obra El último árbol. Xa o sábado, igualmente ás 18, chegaralle a quenda a formación tamén colombiana La Pepa del Mamoncillo, que representará a súa obra A donde van los ríos. Finalmente, o domingo 12 ás 12.00 horas os arxentinos de Agarrate Catalina pecharán a primeira parte do Galicreques na Coruña co seu espectáculo inédito La Luna como testigo.

O venres 17, Galicreques retornará á Sala Gurugú ás 18.00 horas coa obra El Caballero sin espada, do grupo arxentino Pizzicatto Teatro. Xa o sábado 18, ás 12.00 horas, os chilenos de Títeres Candelilla ofrecerán un pase de Kuyen, sueño Mapuche. E para rematar co Galicreques 2025, a Sala Gurugú despedirase o domingo 19 do festival con El Chichón, formación chileno-arxentina que representará ás 12.00 Juan, María y los del 900.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here