InicioMOV. SOCIAISA xornada de folga para "parar o xenocidio" arrincou coa mobilización do...

A xornada de folga para “parar o xenocidio” arrincou coa mobilización do estudantado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrincaron as mobilizacións públicas no marco da folga xeral convocada este 15 de outubro por CCOO, CGT, CIG e UGT, ademais do Sindicato de Estudantes. Unha convocatoria realizada co lema “Paralo todo para parar o xenocidio”.

Foi precisamente a chamada do estudantado, despois dunha masiva xornada de folga, a que partía ás 12:00h do Obelisco e chegaba a María Pita, percorrendo unha Marina ateigada de cruceiristas que ollaban dende as terrazas a mobilización.

Presidindo a concentración, que tamén contaba coa xente da CGT, houbo unha falla coas caras de Trump, Feijoo e Ayuso, que sorrían ante os berros dos manifestantes con constantes alusións ao necesario Boicot a Israel, e en contra dun acordo de paz asinado sen Palestina.

Manifestacion Parar o Xenocidio Coruna

Ademais, membros da CGT realizaron varios piquetes diante dunha das tendas de Zara na Praza de Lugo en contra dos negocios con sionistas de Inditex.

Máis accións

A partir das 19:00h, espérase unha nova masiva manifestación dende a Delegación do Goberno na praza de Ourense, convocada pola CGT, que se unirá á convocada pola Coordenadora Galega en Solidariedade con Palestina, que será ás 20:00h no Obelisco.

Máis novas

A Coruña protagoniza unha espectacular manifestación por Palestina

ÚLTIMAS

Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

O barrio do Agra do Orzán suma un novo, pero insuficiente espazo verde. O...

O Monte Xalo: Unha mesa redonda e roteiro arredor do Olimpo Ártabro 

Interesante conversa arredor da auga, o patrimonio e a paisaxe a que se viviu...

Nove de cada dez titulados da UDC atopan emprego no primeiro ano

Nove de cada dez persoas egresadas na Universidade da Coruña (UDC) que se incorporan...

A Casa Casares Quiroga acolle a presentación dun libro sobre o galego que sobreviviu a Mauthausen

A Casa Museo Casares Quiroga da Coruña acolle hoxe martes, ás 18.30 horas, a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here