InicioSOCIEDADEPersoal da UDC crea arrecifes con cunchas de vieira de restaurantes con...

Persoal da UDC crea arrecifes con cunchas de vieira de restaurantes con estrela Michelin

Publicada o

Por europapress

Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, con sede no campus industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), desenvolveu unha investigación que vincula a alta cociña galega coa restauración de ecosistemas mariños. Foi, informa o reitorado coruñés, ao reutilizar cunchas de bivalvos procedentes de restaurantes con estrela Michelin como material sustentable para a construción de arrecifes artificiais.

O traballo foi publicado na International Journal of Gastronomy and Food Science (Elsevier, 2025), unha recoñecida revista de gastronomía científica. No estudo abórdase como vincular a innovación gastronómica coa sustentabilidade na contorna mariña. O equipo autor do mesmo demostrou que os restos poden utilizarse como compoñentes de ecoformigóns, onde substitúen ata un 20 % do árido groso tradicional sen alterar a resistencia dos materiais.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...