InicioBARRIOSCompletada a humanización da rúa Tolerancia

Completada a humanización da rúa Tolerancia

Publicada o

Por editor

O Concello avanza, no mardo do Plan de Barrios, coa súa folla de ruta no barrio de Labañou, onde onte se recibiu a obra de humanización executada na rúa Tolerancia, xa peonalizada co obxectivo de conectala coa praza lindeira, un dos principais núcleos de actividade e convivencia veciñal no distrito.
Nestas últimas semanas, os traballos centráronse en adecuar os novos percorridos peonís que discorren entre os bloques residenciais e a praza.

O abano de actuacións incluíu tamén a plantación de case 20 novas árbores entre a praza e a rúa peonalizada. Os traballos para dispor estes exemplares xa foron visibles entre finais de verán e principios do outono, aproveitando días con temperaturas máis suaves para dar tempo a que as árbores enraizasen ben nos parterres, antes de que chegue a tempada invernal.

A concelleira Noemí Díaz puxo en valor esta intervención en Labañou e apuntou que, coa peonalización da rúa Tolerancia, “complétase a unificación dunha ampla superficie destinada a usos múltiples”, en alusión ao parque infantil, o espazo de adestramento de calistenia e a pista multideporte existentes na contorna da praza.

Máis novas

 

O goberno local presentou a serie de encontros veciñais para debullar un Plan de Barrios que inviste 125 millóns

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

ÚLTIMAS

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

O Concello da Coruña reforza o compromiso coas ANPAs para o mantemento dos colexios públicos

O goberno local da Coruña mantivo este luns unha reunión de traballo coa directiva...

Rescatan en Elviña a unha nena cuxa cabeza quedou atrapada nun valo da escola infantil

Bombeiros da Coruña interviñeron este luns para rescatar a unha nena pequena á que...

Investigan a tres Riazor Blues por lesións e ameazas a un siareiro do Atlético de Madrid

A Policía Nacional investiga a tres persoas vinculadas aos 'Riazor Blues' por un delito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here