InicioPOLÍTICAO PP denuncia os pagos de indemnizacións do por contratos verbais declarados...

O PP denuncia os pagos de indemnizacións do por contratos verbais declarados nulos

Publicada o

Por Redacción

O portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, vai presentar unha moción no pleno deste xoves para crear unha Comisión Informativa Especial que determine responsabilidades políticas polo pago de indemnizacións por importe de 340.000€ por contratos verbais declarados nulos.

“Pedímoslle á Alcaldesa que asuma a súa responsabilidade e que facilite a investigación sobre as responsabilidades políticas, se as hai, que ocasionaron estas indemnizacións, pero sobre todo que garanta que esta situación non se repita. Porque A Coruña merece unha xestión seria, legal e transparente, non un goberno que converta a excepción en costume e a neglixencia en norma e a indemnización en forma de pago. Os coruñeses non teñen que pagar dos seus petos, con diñeiro dos seus impostos, as indemnizacións polas neglixencias do Goberno municipal”, criticou.

En función dos artigos 77 e 83 do Regulamento Orgánico municipal piden clarificar “o pago de indemnizacións pola contratación ilegal do Festival Womex 2023, a Cea do Deporte de 2022 e a Tall Ship Race de 2023, por importe total de 340.000 euros, dacordo cos informes do Interventor municipal e o do Consello Consultivo que declaran nulos estes contratos”, sinala o Popular.

O Interventor recolle que a aprobación destes pagos de “en ningún caso anula a responsabilidade que, no seu caso, podería derivarse pola actuación contractual verbal, sen crédito orzamentario e sen procedemento, declarada nula”.

O PP critica que o BNG sexa “o cómplice habitual que branquea todas as irregularidades do PSOE”, e pide transparencia.

EMENDA BOLSAS COMEDOR

Doutra banda, o grupo presentará “unha emenda a un dos dous modificativos que leva o Goberno municipal ao Pleno para aumentar en 500.000€ a partida do Programa Bolsas Comedor co fin de que todos os menores que quedaron fóra da axuda por falta de fondos tendo dereito por cumprir os requisitos, poidan tela”.

Lembran que este verán, tralo sorteo, quedaron sen beca 361 dos 765 familias que cumplían todos os requisitos.

Outras novas

A RPT e os autónomos chegarán ao pleno coruñés con mocións de BNG e PP

ÚLTIMAS

Os traballadores de Losán saen á rúa na Coruña e en Madrid para esixir salarios pendentes e un plan que salve o emprego

Traballadores e traballadoras de Industrias Losán concentráronse este xoves, ante a Delegación do Goberno...

Os traballadores do transporte rexeitan o preacordo do convenio e poñen de prazo ata o luns

Traballadores e traballadoras do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña acordaron,...

Levan á Valedora do Pobo o “retroceso histórico” que supón a supresión do subsidio de excarceración

O subsidio de excarceración foi creado en 1995 co obxectivo de facilitar a transición...

A RAG presentou na Coruña as ‘Rimas populares de Galicia’ de Manuel Murguía

A Casa Museo Casares Quiroga acolleu este mércores 4 de febreiro, a presentación do libro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here