InicioBARRIOSLabañou, a Cidade Vella e os Mallos celebran o outono con sendos...

Labañou, a Cidade Vella e os Mallos celebran o outono con sendos magostos

Publicada o

Por Redacción

Tres citas coas castañas temos nestas semanas. Hoxe mesmo, toca na Praza da Tolerancia, da man da ACC de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. Toda a tarde con pandeiretas, procesión de Samaín, un espectáculo familiar e os Festicultores, o mellor pasarrúas da cidade, amenizando as castañas e o chocolate.

A semana que vén tocará na Cidade Vella e nos Mallos. O sábado 15 será na Praza da Fariña (a ver cando lle devolven o nome real á Praza de Azcárraga), con obradoiro de cabazas e xogos infantís, música tradicional con Son D’Aquí, e viño e castañas. A queimada será campal.

Magosto na Cidade Vella 2025-Coruna

Xa o domingo 16 toca o Mallosto, que se desenvolverá na praza do Mercado da Sardiñeira durante a mañá e ata a Sesión vermú, con Los Claretes.

Mallosto-Magosto dos Mallos-Coruna 2025

Sábado de magostos e poesía

ÚLTIMAS

A taxa turística non frea o turismo na Coruña: as pernoctacións soben máis dun 14 %, segundo o Concello

A alcaldesa da A Coruña, Inés Rey, reivindicou que a implantación da taxa turística,...

Bicicoruña bate marcas: Case 5.000 persoas usuarias cada día

Presentáronse onte os datos do servizo municipal de Bicicoruña de 2025. Unhas cifras que...

A división sindical retrasa o convenio de transporte

Volverá haber folga este mércores no sector do transporte de viaxeiros por estrada da...

Esixen o comezo das negociacións co Goberno Central para rescatar o Cárcere Vello do absoluto abandono

Pasan os anos e nada cambia arredor do cárcere vello. A antiga prisión provincial...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here