“Pedín que se reúna o padroado para aprobar unhas novas bases e iniciar un novo proceso de selección con máis tempo para presentar candidaturas e con toda a transparencia do mundo”. Así se refería esta mañá a alcaldesa Inés Rey ás preguntas dos xornalistas pola polémica arredor da Fundación Luís Seoane. Unha situación destapada polo Xornal da Coruña, que recibiu as críticas da oposición e de entidades como ADACE, que culminaba esta fin de semana co manifesto asinado por 150 personalidades do eido da cultura publicado en exclusiva polo Xornal.
Unha situación límite que obriga ao Concello da Coruña, membro do Padroado e principal financiador da entidade, a tomar medidas. Así o sinalou a rexedora que volverá reunión ao padroado para abrir un novo concurso aberto e transparente.

