InicioMOV. SOCIAISA Rede Europea de Loita contra a Pobreza celebra o seu seminario...

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza celebra o seu seminario anual na Coruña

Publicada o

Por Redacción

Segue a cidade da Coruña situándose como un referente estatal en materia de servizos sociais. Como vimos comprobando nas pasadas semanas, infraestuturas como o servizo de de atención en rúa a persoas sen fogar, o Centro de Baixa Esixencia, ou a rede de entidades que traballan nos cimentos máis básicos da nosa sociedade, fan da Coruña un exemplo estatal na materia.

Seguro que esa é unha das razóns polas que a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-ES) veña celebrar os próximos 26, 27 e 28 de novembro o seu Seminario Anual ‘Garantía de Dereitos e Novos Modelos de Servizos Sociais’, en colaboración coa súa rede territorial EAPN-ES Galicia.

A presente edición reunirá a máis dun centenar de representantes das redes territoriais de todas as Comunidades Autónomas e das entidades Estatais que forman parte de EAPN-ES, co obxectivo de analizar a situación dos servizos sociais e a súa diversidade territorial, así como identificar os retos, carencias e oportunidades de mellora do modelo actual.

Trátase dun evento de referencia na análise e propostas de políticas públicas desde a visión experta das organizacións sociais. Neste sentido, examinarase tamén a función do Terceiro Sector como apoio e reforzo do sistema público, á hora de garantir que o estado do benestar chegue a toda a poboación.

A importancia do estado de benestar

O presente Seminario chega un mes despois da presentación do XV Informe ‘O Estado da Pobreza. Pobreza e territorio. Comunidades Autónomas e Unión Europea’. Entre as principais conclusións, EAPN-ES destaca a necesidade de mellorar as axudas e prestacións autonómicas, como unha das claves para previr a pobreza e a desigualdade territorial. De feito, segundo o estudo, en Galicia o estado do benestar evitou que 760.000 persoas entrasen en pobreza en 2024: de non existir ningunha axuda nin prestación, incluídas as pensións, a pobreza chegaría a 1.144.000 galegos e galegas.

Aínda así, as cifras mantéñense altas e constantes na rexión, con máis de 500.000 persoas en situación de pobreza.

O programa

A inauguración do Seminario terá lugar a tarde do 26 de novembro ás 17:00h no Paraninfo da Universidade da Coruña.. Despois da inauguración, terá lugar o primeiro relatorio marco do Seminario ‘Benestar e cambios sociais: claves para unha transición xusta e inclusiva’, a cargo de Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social de España (CES).

Durante a xornada do xoves, cómpre destacar o Panel “Políticas e prácticas emerxentes: transformando os Servizos Sociais para unha maior equidade”, no que falará a directora do EMIS, Bea Leal, que nos achegaba ao traballo municipal.

Ao longo das xornadas falarán responsables de entidades e administracións.

Máis novas

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

A campaña #OrgulloTerceiroSector demostra a profesionalidade das entidades sociais

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here