InicioOLEIROSDesarticulan en Oleiros unha banda especializada en roubos con butrón que operaba...

Desarticulan en Oleiros unha banda especializada en roubos con butrón que operaba en toda España

Publicada o

Por europapress

O Grupo de Delitos contra o Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña, en colaboración con axentes da Policía Nacional, desarticularon un grupo criminal itinerante especializado en roubos mediante butróns e lanza térmica. segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a investigación comezou por mor dun roubo sucedido o 8 de xuño deste ano nun taller de xoiaría da localidade coruñesa de Oleiros.

Alí, subtraeron 225.000 euros en pezas de orfebería e accederon ao lugar mediante un butrón realizado no tellado e, tras desconectar os sistemas de alarma do establecemento, forzaron as caixas fortes mediante lanzas térmicas. Un mes despois, houbo outro roubo con forza nunha reloxaría situada nun centro comercial de Alcobendas, en Madrid. Os ladróns accederon ao establecemento forzando a fechadura da porta de entrada, pero non puideron subtraer nada.

O terceiro roubo tivo lugar o pasado 21 de agosto nunha inmobiliaria en Málaga. Os autores fixeron un butrón no local contiguo e, posteriormente, violentaron o sistema de alarma. Con todo, non chegaron a consumar o delito.

Tras a investigacionces conxuntas, determinaron que os tres feitos estaban relacionados e foran realizados polo mesmo grupo especializado. Os autores elixían negocios con caixas fortes ou caixas de caudais, aos que accedían tras forzar os sistemas de alarma e, unha vez no interior, forzaban as mesmas con lanza térmica ou grupo oxicorte. Así mesmo, para os desprazamentos usaban vehículos subtraídos con matriculas dobradas para dificultar o labor policial.

A operación finalizou con cinco homes detidos –catro en Madrid e un na Coruña– como supostos autores dos delitos de pertenza a grupo criminal e roubo con forza. Os axentes, no rexistro de varios domicilios en Oleiros, interviñeron máis de 30.000 euros e incautaron varios vehículos relacionados directamente coa actividade delituosa.

ÚLTIMAS

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...