InicioSOCIEDADEUn lazo humano polo 25N

Un lazo humano polo 25N

Publicada o

Por Redacción

O acto municipal polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres artellado na Coruña, consistiu nunha representació dun lazo, unha andaina e unha lectura do manifesto institucional.

As persoas participantes (representantes das entidades deportivas da cidade, persoas que forman parte das actividades deportivas e comunitarias municipais, público xeral e membros da corporación local) partiron ás 11.00 h desde a explanada de Riazor e desde o frontón do C.D. A Torre, para atoparse no miradoiro do Matadoiro e rematar formando un grande lazo violeta humano arredor das 12.15 h, como xesto simbólico de apoio ás vítimas e ás superviventes.

Baixo o lema “Non hai escusas”, a declaración institucional destacou tamén o avance da violencia vicaria, da trata e da explotación sexual, así como o impacto crecente da violencia dixital exercida a través das redes sociais e das aplicacións de mensaxería. O texto alerta da especial vulnerabilidade das persoas menores e de mulleres con discapacidade, maiores ou migrantes, e apela á responsabilidade de todas as institucións para garantir o acceso á protección e á información en condicións de igualdade. “Negar ou minimizar a violencia machista non é unha opinión máis: é deixar desprotexidas ás mulleres e ás crianzas e poñer en risco a convivencia democrática”, sinalou a alcaldesa, referíndose ao avance dos discursos negacionistas.

O Centro 24h

Durante a súa intervención, Rey volveu reclamar con firmeza a posta en marcha dun Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual na área da Coruña, ao abeiro da Lei Orgánica 10/2022. “É inxusto que A Coruña siga sen contar cun Centro de Crise 24 horas propio. Esiximos á Xunta que cumpra e dote a nosa cidade dun recurso especializado, próximo e coordinado cos servizos municipais e co tecido asociativo que leva ano traballando con vítimas de violencia sexual”, esixiu Inés Rey. A rexedora lembrou que a cidade xa dispón dun CIM de referencia, recursos de acollida e pisos de transición, “pero falta unha peza clave para completar o mapa de atención e non pode haber territorios de segunda en dereitos”.

O Concello da Coruña reclama á Xunta un Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual e a Xunta analiza abrir máis centros

ÚLTIMAS

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Fartáronse as familias do abandono extremo da escola pública, e do ridículo espantoso que...

Unha cría de balea aliblanca aparece varada en Santa Cristina e é sacrificada polo seu estado irreversible

Unha cría de balea aliblanca foi localizada este domingo na praia de Santa Cristina,...

A Xunta nega recortes en Educación e acusa a Inés Rey de desatender o mantemento dos colexios

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional negou categoricamente unha redución do...

Finaliza sen acordo a negociación do convenio de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

As negociacións polo convenio do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here