InicioMOV. SOCIAISA Rede Acampa entregará o vindeiro xoves os seus recoñecementos á defensa...

A Rede Acampa entregará o vindeiro xoves os seus recoñecementos á defensa dos DDHH a Mohamed Safa e o Dr. Refaat Alathamna

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non puideron celebrarse os Encontros Internacionais Acampa pola Paz este ano por mor da rebaixa da axuda do goberno municipal,  pero a rede de solidariedade non quere deixar orfos os seus premios de recoñecemento á defensa dos Dereitos Humanos.

Uns premios decididos por votación popular, que foron escollidos aló polo mes de abril, e que queren recoñecer ao pesoal médico e sanitario que traballa en Gaza, así como a Mohamed Safa, o oftalmólogo e activista palestino aficando dende hai máis de 30 anos en Galicia.

O acto de entrega terá lugar ás 11.45 horas na sede da ONCE, no Cantón Grande, unha cita á que Acampa convida a toda a cidadanía coruñesa para facer soar este aplauso colectivo.

Conseguir traer a alguén que representase ao colectivo sanitario que leva dous anos no inferno de Gaza non foi doado. Pero a Rede conseguiuno e vai entregar a peza escultórica de Pilar Subías, de xeito simbólico ao anestesista e intensivista Dr. Refaat Alathamna, recentemente chegado desde Gaza a Madrid coa súa familia hai poucos días. A través das redes sociais, o Dr. Alathamna narrou en directo ao mundo o que alí acontecía, como salvaron vidas en condicións inimaxinables e como buscou desesperadamente comida para alimentar á súa muller e aos seus cinco fillos, hoxe xa seis co recente nacemento de Aaser, que chegou ao mundo en Xordania aos catro días de ser evacuados. A súa chegada a España foi posible pola intermediación, entre outros, do cineasta Javier Fesser, que lle acompañará neste acto de entrega.

Mohamed Safa RECONECEMENTO ACAMPA 2025 red

Na Categoría Galicia, o Recoñecemento Acampa 2025 será para Mohamed Safa, o oftalmólogo cisxordano afincado desde hai décadas en Costa da Morte, unha voz solvente polo seu activismo e compromiso na defensa dos dereitos do pobo palestino e o traballo na difusión da dura realidade na que habitan desde hai décadas.

Safa acaba de publicar un novo libro, “Gaza, un xenocidio en directo” [Ed. Medulia], e pronto coñeceremos a primeira presentación que se realizará na cidade.

Máis novas

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

Os recoñecementos á Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz terán cores palestinas

ÚLTIMAS

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

A día de hoxe é a Asociación Cultural máis viva da Coruña, a que...

Moblizacións no Hospital Santa Teresa por represión sindical de Quirón Salud

Se os sanitarios da pública póñense en folga, na privada tampouco está calmada a...

Os médicos convocan folga indefinida dunha semana cada mes, para reclamar un estatuto propio

Despois das fortes mobilizacións das pasadas semanas, e ante a falta de avances, o...

A CRMH culpa ao goberno local de pór “trabas” para a retirada de símbolos franquistas

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña solicitou á Dirección Xeral...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here