InicioCULTURACASCO organiza visibiliza na Coruña a loita contra o estigma do VIH...

CASCO organiza visibiliza na Coruña a loita contra o estigma do VIH na xornada de cine Pride Positivo

Publicada o

Por Redacción

O Pride Positivo, iniciativa creada en 2022 para visibilizar a persistencia do estigma e da discriminación asociada ao VIH, traerá este venres á Coruña unha xornada especial enmarcada na celebración do Día Mundial da Loita contra a Sida. Será un altofalante máis das necesidades das persoas con VIH, das súas reivindicacións e a súa loita pola equiparación plena de dereitos.

“CASCO sempre celebra o Día Mundial da SIDA cunha vertente cultural. Na nosa asociación, a cultura e o deporte son importantes. Outros anos fixemos concertos de música e este ano temos cinematografía e literatura”, apunta a directora de CASCO, Sonia Balvuena.

O evento desenvolverase este venres 12 a partir das 18:00 horas no espazo cultural Galgo Azul (Avenida Gramela 16), con entrada libre ata completar aforo. Alí proxectaranse dúas curtametraxes que abordan, desde perspectivas complementarias, as emocións, desafíos e vivencias das persoas seropositivas.

A primeira delas, Piruletas, dirixida por Carlos Martínez, propón unha mirada íntima sobre a aceptación e o respecto ás persoas maiores que viven co VIH. A continuación, exhibirase Siempre que lo cuento, obra de Roberto Pérez Toledo que fala da sensación que produce ás persoas con VIH a decisión de dar a coñecer á parella o seu estado seropositivo.

Tras as proxeccións, celebrarase un encontro coa escritora Xulia Alonso, autora do multipremiado Futuro imperfecto. No libro, Alonso revisa as décadas dos 80 e 90, anos nos que moitas persoas novas descubriron ao tempo o amor e a droga.

A xornada rematará cun debate sobre os desafíos actuais na loita contra a discriminación, que moderará o activista Santiago Legaspi Irimia baixo o epígrafe “Estigma, onte, hoxe… nunca máis”. Intervirán no coloquio a directora de CASCO, Sonia Balvuena, e a traballadora social da entidade, Lidia Coira.

O evento, organizado por CASCO, conta coa colaboración do festival de cine Norte Cinema Diverso, Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo, a Fundación Pedro Zerolo, Acción Triángulo, Cesida, o concello da Coruña e o espazo cultural Galgo Azul.

Máis novas

A rede feminista municipalista AKAFEM continúa este mércores o seu cuclo de conversas abertas

O TSXG obriga á Xunta declarar de utilidade pública unha asociación LGBTIQ+ da Coruña

ÚLTIMAS

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

A Xunta completa a primeira fase da reforma do complexo deportivo de Acea de Ama en Culleredo

O complexo deportivo de Acea de Ama, en Culleredo, estreará desde este luns os...

As familias do IES Zalaeta volven á rúa: “Estamos fartas de vivir sen información”

"A xente está farta de vivir sen información". Así valora a ANPA do IES...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here