InicioA CORUÑARepsol completará o seu traslado ao porto exterior en 2027, con liberalización...

Repsol completará o seu traslado ao porto exterior en 2027, con liberalización dos peiraos coruñeses

Publicada o

Por europapress

Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña asinaron un acordo para completar o traslado dos tráficos actuais da compañía ao Porto Exterior, en Arteixo, e que permitirá a “liberalización” en 2027 da dársena interior da cidade.

Así se expuxo no acto institucional presidido polo presidente de Repsol, Antonio Brufau, e o da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado. No mesmo, ambos subliñaron a importancia desta infraestrutura para a “competitividade e a economía” da comunidade galega, pero non se falou da posible venda de solo do peirao de San Diego para a especulación inmobiliaria.

“Consolida un dos principais polos industriais de Galicia e, ademais, dános garantía de subministración, que hoxe en día non é pouco, cunha empresa líder mundial”, indicou Fernández Prado.

Nel, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recalcou que con este pacto as diferentes administracións foron “capaces de pechar un ciclo moi prometedor para conseguir moitísimas cousas a partir de agora”. “As industrias, con respecto e cumprindo a normativa, son o futuro dos territorios”, indicou.

Fíxoo na mesma liña que Brufau, quen, na súa intervención, incidiu en que “sen industria non hai futuro e sen desenvolvemento industrial outras moitas cousas non funcionan”.

RENOVACIÓN URBANA

Jose Antonio Santano na Couna
Jose Antonio Santano

Pola súa banda, o secretario de Estado de Transportes e Mobilidade sustentable, José Antonio Santano, sinalou que “empeza a facerse realidade un soño da cidade que fai compatible a renovación urbana, co crecemento económico, coa garantía enerxética e co emprego”.

Á súa vez, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou que con esta firma “acórdase a liberalización da terminal petroleira dos peiraos interiores na cidade en 2027”. Mentres, o rexedor de Arteixo, Carlos Calvelo, dixo que o porto do seu municipio converteuse en “unha realidade industrial de primeiro nivel”, cun “crecemento innegable” e un “polo de referencia nos investimentos relacionados coa enerxía e coa industria”.

Do proxecto, Natalia Barreiro, directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, aseverou que este acordo permitirá desenvolver “toda a súa actividade portuaria” na nova dársena de Punta Langosteira. Para iso, concretou, a compañía investirá máis de 140 millóns de euros na segunda fase do traslado. En total, destinará “máis de 260 millóns”, lembrou.

Máis novas

14 UTEs que engloban a 78 empresas (só 8 da comarca) optan ao concurso de deseño da fachada marítima coruñesa

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

Garante o protocolo da Fachada Marítima a titularidade pública do terreos portuarios de San Diego?

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...