InicioBARRIOSO Mercado de San Agustín camiña cara a rede de Mercados Excelentes

O Mercado de San Agustín camiña cara a rede de Mercados Excelentes

Publicada o

Por europapress

A Xunta inviste máis de cen mil euros no mercado coruñés de San Agustín de cara á súa integración na rede galega de mercados excelentes. Unha rede que por agora só conta cos de Carballo, Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Pontedeume.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou este venres o mercado, onde puxo de relevo os máis de 100.000 euros destinados pola Xunta á instalación dun sistema de xeración de xeo que posibilite a consecución do selo de mercado excelente.

Alí, sinalou que esta achega autonómica sucedeu á do ano pasado, dirixida á realización de accións de mentorización e actuacións de formación das placeras e placeiros e para a elaboración do diagnóstico da situación e usos do mercado.

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...