InicioA CORUÑAAsí é o percorrido da Cabalgata

Así é o percorrido da Cabalgata

Publicada o

Por Redacción

Máis de 1.200 persoas e 16 compañías artísticas participarán na Cabalgata de Reis da Coruña, que terá como inspiración a primeira eclipse solar total visible desde a Península Ibérica en máis dun século, que se producirá o 12 de agosto de 2026.

A Cabalgata partirá do barrio de Vioño, ás 17.30 horas, e será “un pouco máis longa que outros anos, ao redor de 4,4 quilómetros”, concretou a rexedora, que precisou que se repartirán 7,5 toneladas de caramelos brandos.

Desde a rúa Revolución Francesa, discorrerá por Rolda de Outeiro, Alcalde Pérez Ardá, avenida Fernández Latorre, Catro Camiños, Primo de Rivera, Linares Rivas, Cantón Grande e a Mariña para acabar na praza de María Pita, con hora aproximada de chegada ás 20.45 horas. Xa ás 21.15 horas, os Reis Magos saudarán á cidadanía desde o balcón do Palacio Municipal. Antes da chegada da Cabalgata, arredor das 19:00h, Pulpiño Viascón amenizará a espera en María Pita cun divertido concerto.

Debido ás obras de reurbanización dos Cantóns, non se vai a permitir a presenza de público por cuestións de seguridade entre o cruce de Entrexardíns ata o Teatro Colón.

Un total de 13 vehículos formarán a comitiva

A comitiva estará formada polas tres carrozas dos Reis Magos, outras tres municipais e sete de entidades colaboradoras, un total de 13. Irán acompañando ás carrozas seis trens, un deles solidario. Este ano ademais da tradicional carroza dos bombeiros, incorporarse un tren da Policía Local. A cabalgata estará amenizada por un total de 16 compañías artísticas con 170 persoas, que repartirán 7,5 toneladas de caramelos brandos e sen glute.

Esta celebración contará cun dispositivo de seguridade especial que estará formado máis de 200 profesionais de seguridade, incluíndo a Policía Local, a Protección Civil e a servizos sanitarios. En total, máis de 1.200 persoas participarán na cabalgata.

CORTES DE TRÁFICO

A cabalgata obrigará a desviar, a partir das 17.30 horas, o tráfico de varias rúas da cidade, incluído o percorrido de distintas liñas de autobús urbano. Así, estarán desviadas as liñas 12A,14, 20 e 22; as que teñen saída do Hospital Abente e Lago (1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A), a 17, 3 e 7, a 3A, a 4, 5 e 11, a 12, 21 e 24. Todas elas realizarán itinerarios alternativos durante o traxecto da cabalgata e irán recuperando os seus percorridos habituais a medida que a comitiva vaia avanzando e se abra a circulación ao tráfico.

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here