InicioA CORUÑATaxis da Coruña poderán recoller pasaxeiros en Alvedro

Taxis da Coruña poderán recoller pasaxeiros en Alvedro

Publicada o

Por Redacción

Concello da Coruña, Concello de Culleredo e Xunta de Galicia chegaron hoxe a un principio de acordo para reforzar o servizo de taxis no aeroporto de Alvedro e, desta forma, mellorar os medios de transporte dispoñibles á terminal, acordo que abre a porta a que por primeira vez taxistas da Coruña poidan recoller pasaxeiros no aeródromo.

O convenio abre abre a posibilidade de que os taxistas da Coruña poidan prestar un servizo que si poden realizar os VTC.
Así, o servizo prestarase na parada por 10 taxis de Culleredo seguidos doutros 5 da Coruña e, tras eles, o resto de licencias de Culleredo. O aeroporto habilitará unha explanada contigua á parada para que poida estacionar alí a bolsa de reforzo do servizo composta por 30 taxis da Coruña que ofrecerán servizo en caso de que non sexa suficiente o número de vehículos estacionados na parada. Ademais, o aeroporto reordenará os carrís de circulación para simplificar o tránsito rodado e evitar irregularidades.

“O acordo alcanzado hoxe é un primeiro paso para mellorar a situación e engade seguridade xurídica para os taxistas da Coruña, mais non ofrece unha solución definitiva que o Concello seguirá a buscar”, sinalan fontes municipais.

Máis novas

Os taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os VTC

ÚLTIMAS

O Concello camufla a renuncia ao Mundial cun proxecto de remodelación da cidade deportiva de Riazor

Chegou o día. Pasaron un ano e tres meses dende que A Coruña foi...

As críticas da Xunta, PP e BNG trala renuncia do Concello a ser sede do Mundial 2030

Francisco Jorquera (BNG): “A alcaldesa apresurouse a pór a camiseta de Naranjito, ero...

Inés Rey: “Houbo que elixir, e nós escollemos o benestar do club e unha etapa de entendemento mutuo”

Trala escueta rolda de prensa na que Concello, RC Deportivo e Deputación anunciaban a...

Falece un operario tras caer do tellado do IES Agra do Orzán na Coruña

Un operario faleceu este luns na Coruña tras caer dun tellado no que traballaba...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here