InicioPOLÍTICAEsixen o comezo das negociacións co Goberno Central para rescatar o Cárcere...

Esixen o comezo das negociacións co Goberno Central para rescatar o Cárcere Vello do absoluto abandono

Publicada o

Por Redacción

Pasan os anos e nada cambia arredor do cárcere vello. A antiga prisión provincial segue esfolándose, e na cidade perdemos un patrimonio histórico que podería ser aproveitado para unha infindade de oportunidades, mentres dúas administracións, ademais da mesma cor política, seguen enleadas en débedas e trámites xudiciais.

Nesta situación, é o BNG o que lembra que o Acordo Político que acompaña os orzamentos do Concello para 2026, figura o compromiso do Goberno Local de iniciar unha nova negociación coa administración central sobre o antigo cárcere. Así o lembrará este xoves no pleno Francisco Jorquera: “Que vai facer o Goberno Local para dar cumprimento ao acordo político entre os grupos municipais do PSdeG-PSOE e o BNG para a aprobación dos orzamentos municipais de 2026, no relativo ao antigo cárcere?”, preguntará.

A xuízo do BNG, a situación da vella prisión “non é de recibo”. A ausencia de medidas de conservación e mantemento por parte do titular do edificio, o Estado, fai que o cárcere se ache “nun estado de total abandono e ameaza de ruína”, describe Jorquera. “Estamos a falar dun ben catalogado, situado na contorna dun monumento declarado Patrimonio da Humanidade e dun Espazo Natural de Interese Local”, engade. “A cidade da Coruña”, remarca, “non pode permitir o seu estado de degradación”.

Ao BNG parécelle obvio que se o inmóbel é de titularidade estatal lle corresponda á administración central “o deber de asegurar o seu mantemento e conservación”.
É por iso que o Concello ten que garantir o cumprimento desas obrigas por parte do titular do edificio, sen desbotar “a adopción de medidas forzosas e a apertura do correspondente expediente sancionador”, tal e como apuntaba unha moción do BNG que foi aprobada por unanimidade en xuño de 2025.

Máis novas

Volven solicitar que o vello cárcere da Coruña se transforme nun Lugar de Memoria

“O fallo sobre o Cárcere Vello esixe o compromiso para a devolución gratuita”

Demandan un acordo institucional para instar ao Estado a que non apele a sentenza sobre a cesión do antigo cárcere

Abren as portas do Cárcere Vello

Unha afrenta ao corazón do patrimonio da humanidade

ÚLTIMAS

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

"Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

Novo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Necesaria era outra nova infraestrutura deportiva nun barrio de familias novas como Novo Mesoiro....

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

Xa está aberto case na súa totalidade, para o desfrute dos nenos e nenas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here