InicioPOLÍTICABNG e Sumar Galicia critican "o fango" no que teñen convertido PSOE...

BNG e Sumar Galicia critican “o fango” no que teñen convertido PSOE e PP o pleno coruñés: “Non é un feito illado”

Publicada o

Por Redacción

O lamentable espectáculo queprotagonizaron PSOE e PP no pleno deste pasado xoves, non pasou desapercibido polos grupos da oposición. BNG, dende dentro, e Sumar Galicia, dende fóra do pleno, critican a actuación dos edís socialistas e populares.

O BNG

Conferencia de prensa de Jorquera de avaliación do Pleno Febreiro

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, calificou en rolda de prensa de “lamentable e bochornoso espectáculo dado por PP e PSOE”. Jorquera comezou por dicir que o que se viu onte “non foi un feito illado, non foi algo puntual” e si “un episodio máis dunha escalada, na que o PP e o PSOE parecen empeñados en trasladar ao Concello a lameira na que se converteu a política madrileña”.

“Lameira que consiste en substituír o debate político, o contraste de datos e argumentos racionais, pola bronca permanente e as descualificacións persoais”.

Para ilustrar o que aconteceu no salón de plenos, o portavoz nacionalista botou man dun dos clásicos da pintura universal: “Lembroume moito o óleo das pinturas negras de Goya Duelo a garrotazos. Pois parece que aos dous principais partidos estatais non lles chega o espectáculo que montan todos os días en Madrid e queren converter o salón de plenos do Concello noutro ring para protagonizar un novo asalto do duelo a garrotazos de Goya”.

É por iso que Jorquera lles fai unha apelación a PP e PSOE para que “recapaciten e rectifiquen”. Rectifiquen porque “este tipo de actitudes só serven para desprestixiar a política e degradar as institucións democráticas”.

Sumar

Desde Movemento Sumar Coruña amosaron a súa “preocupación”, e reiteraron na idea de que “o que aconteceu non é un feito menor nin unha anécdota. É a confirmación de que o clima de confrontación permanente entre as dúas forzas bipartidistas está deteriorando a institución e trasladando á cidade dinámicas de crispación que pouco teñen que ver cos problemas reais da veciñanza”.

“É intolerable que o fango político que vemos en Madrid se traslade ao Concello da Coruña”, afirma a nosa voceira, Trinidad Palacios. “A cidadanía merece altura institucional. O pleno non é un plató de televisión nin un campo de batalla partidista”.

Para a nosa organización, o sucedido evidencia unha dinámica preocupante do bipartidismo local: “PP e PSOE aliméntanse mutuamente da confrontación. A quen lle interesa este espectáculo? Desde logo, non á veciñanza da Coruña. Cando o ruído sobe, os problemas reais desaparecen do foco”.

Os afectados

Inés Rey aseguraba estar “disgustada” polo suceso, soinalando que non vai permitir que se falte ao respecto aos membros do pleno, en alusión a unhas declaracións do edil popular Deus.

Pola contra, Miguel Lorenzo, botou máis leña ao lume. “O que pasou no Pleno é un
patrón de conduta repetido varias veces: o portavoz nos insulta e a Alcaldesa o consente, incendia o debate e chámanos á orde aos insultados”.

O Popular sinala que “escoitei esta mañá que a Alcaldesa estaba desgustada polo que pasou no Pleno e enténdoa. Porque cando non é capaz de exercer as súas funcións de moderadora e convértese nunha hooligan do seu portavoz, abusando da súa facultade de intervir sen resposta por parte dos aludidos e insultados, paréceme bochornoso”

“Non hai que esquecer que o sr. Lage non só é que chamase “sinvergonza” a un concelleiro Popular senón que ademais a alcaldesa, interrompendo o Pleno, chamou á orde ao insultado e non ao que pronunciara o insulto”.

Máis novas

Inés Rey admite estar “desgustada” tras o enfrontamento verbal no pleno da Coruña e chama ao respecto institucional

Un tenso pleno aproba a nova ordenanza de terrazas e o Programa Municipal de Xestión de Residuos

ÚLTIMAS

Detida unha muller en Culleredo como presunta autora dun delito de furto de xoias, por valor de 10.000 euros

A Garda Civil de Culleredo detivo a unha muller como presunta autora dun delito...

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

Identifican os autores de novas verteduras en Culleredo de material dun taller e un restaurante

A Policía Local de Culleredo identificou aos responsables de tres novas verteduras incontroladas de...

Evacuado en helicóptero ao CHUAC un tripulante enfermo do cruceiro ‘Spirit of Adventure’

Un tripulante do cruceiro 'Spirit of Adventure' tivo que ser evacuado de urxencia ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here