Inaugurouse onte, como apertura da XXXIV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico que se desenvolve hoxe, a exposición ‘Historia do Eixo Atlántico’, que estará habilitada na dársena da Mariña ata o vindeiro 4 de marzo.
O concelleiro José Manuel Lage Tuñas e o escretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao debullaron unha mostra que percorre os 34 anos de traxectoria desta entidade transfronteriza.
A mostra, disposta con sete cubos expositivos á beira da dársena, abarca desde o acto fundacional do Eixo Atlántico no ano 1992 —celebrado en Viana do Castelo e apadriñado por Mário Soares, por aquel entón presidente da República Portuguesa— ata a actualidade. Polo camiño houbo destacados eventos de referencia como o do ano 2015 na Coruña, onde por primeira vez os xefes de Estado de España e Portugal, o Rei Felipe VI e o presidente Aníbal Cavaco Silva, compartiron un acto non institucional.
A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

